medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Arte Maior: o teatro feito ilusión

Un artigo de Carla Capeáns

Saír do teatro cun sorriso na faciana, cun sorriso que tarda en esvaecerse. Facía ben tempo que non experimentaba esa sensación, a sensación de ter visto un traballo feito con cariño, con esforzo, e sobre todo con moita ilusión. Moitas veces esquecemos que o teatro é iso, ilusión.

Carla Capeáns

Carla Capeáns

Arte Maior, compañía de teatro que nace durante o curso 2010-2011 ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela, ten un algo de especial que a fai realmente grande. Algúns membros da Asociación de Alumnos e Ex-alumnos do IV Ciclo da USC, logo de participar nun pequeno obradoiro de teatro organizado pola mesma, decidiron unir a súa ilusión e o seu entusiasmo e fundar, así, a compañía de teatro universitario “Arte Maior”.

O IV Ciclo Universitario é un programa de formación dirixido a persoas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel académico previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación. Este ciclo formativo busca, dende o seu inicio en 1997, a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro da  Universidade de Santiago de Compostela.

“O debate sobre as implicacións para a vida persoal que podían derivar da participación nun grupo de teatro: culturais, de interacción social, físicas e psicolóxicas (sobre todos nos ámbitos do adestramento psicomotor, a atención, a linguaxe, a fala e a memoria) fixo que se xerase interese por levar adiante este proxecto.”

Finalmente, tras un longo proceso de traballo Arte Maior estrea a súa primeira montaxe o 27 de maio no Salón Teatro de Compostela no marco da XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia organizada pola Aula de Teatro da USC (Campus de Compostela). A compañía puxo en escena “Aforro Ordinario” de Inma Antonio, un enredo cómico na forma e tráxico no fondo que se desenvolve no interior dunha sucursal bancaria no que cada día de San Valentín se aparece, dende hai corenta anos, un morto que lembra o seu suicidio.

Forman parte do elenco deste espectáculo Mercedes Llerena, Sara Moroto, Domingo Castiñeiras, María Begoña Fernández, Paulina Achermann, Serafín González, Manuela Bao, María Pilar López e Carmen Nogueira. Así mesmo, asinan a dirección do traballo Concha Losada e Daniel Baamonde.

Si, Arte Maior ten un algo especial que a fai grande. E é que a maioría dos integrantes carecían de experiencia teatral previa. O 27 de maio no Salón Teatro foi para eles, a primeira vez que subían a un escenario. E pese a esa inexperiencia defenderon o traballo con gran mestría. Cando hai ilusión, cando o actor está enriba do escenario e disfruta, o espectador é capaz de contaxiarse desa ilusión. Eses son os traballos realmente bos. Pero esta montaxe, ademais de ilusión ten detrás un importante e intenso proceso de traballo. Antes de enfrontarse á creación, a compañía perfilou con claridade cales eran os seus obxectivos principias Así, propuxéronse  alcanzar competencias no  marco da  actividade  teatral que lles permitira coñecer e analizar textos teatrais, adestrar na memorización de textos e en técnicas de teatro e descubrir distintos aspectos da comunicación escénica.

A idade non é un obstáculo para descubrir o pracer do teatro. O elenco de “Aforro Ordinario” é diverso, heteroxéneo pero todos coinciden nunha cousa: queren pasalo ben. E ás veces esquecemos que o importante na vida é iso, gozar de cada minuto e aproveitar todas e cada unha das oportunidades que nos brinda a vida. Tan só agardo que nos vindeiros anos este grupo de maiores entusiastas siga a deleitarnos co seu marabilloso teatro.

Agradecementos: Concha Losada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 4