medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A Fundación Ramon Llull premiará iniciativas de difusión internacional das letras catalanas

Patronos da fundación

Nestes malos tempos económicos para case todos os sectores, tamén especialmente o cultural, dende Cataluña chega unha nova iniciativa que semella unha raiola de luz entre o ceo borrallento. A Fundació Ramon Llull, organismo que honra a un dos primeiros grandes escritores en lingua catalana, creará este mesmo ano tres premios que recoñezan o traballo de proxección exterior da cultura catalana.

O primeiro dos galardóns (dotado con 8.000 euros) levará por nome Premi Internacional Ramon Llull e recoñecerá a traxectoria dunha persoa ou entidade a prol da difusión exterior da cultura autóctona. Outro dos premios, dotado con 4.000 euros, distinguirá a mellor tradución do catalán a calquera outra lingua. Por último, farase un recoñecemento cada ano a unha persoa de calquera lugar do mundo que tivese un papel relevante na difusión da cultura catalana.

A Fundació Ramon Llull naceu en 2008 logo dun acordo entre o Goberno de Andorra e o Insituto Ramon Llull. Os premios sufragaranos a partes iguais as autoridades de Andorra (sede da fundación) e de Cataluña.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 2 =