medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Ribadavia convoca o VII Premio Abrente de Textos Teatrais

Ata o 1 de xullo está aberto o prazo para participar na sétima edición do Premio Abrente de textos teatrais en lingua galega. Os interesados en presentar os seus orixinais deben envialos por quintuplicado (letra Times New Roman e formato DIN A4) baixo título, lema ou pseudónimo. Os textos de extensión e temática libre deberán dirixirse ao seguinte enderezo: VII Premio Abrente (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Praza Maior, s/n. CP 32400. Ribadavia).

O fallo coñecerase no mes de xullo, coincidindo coa mostra teatral desta vila, e o gañador recibirá como galardón 3.000 euros en efectivo, unha peza artística e a publicación en formato libro de papel da súa obra.

Nestes sete anos de vida o Premio Abrente ten na súa nómina de gañadores aos seguintes autores: Roberto Salgueiro (2006), Antonio Yáñez Casal (2007), Carlos Losada (2008), Manuel Lourenzo (2010) e Vanesa Martínez (2011). Na edición do ano 2009 o premio quedou deserto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 13