medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Revista Búsola: unha aposta pola creatividade e polos autores emerxentes

Portada do número 5 de Búsola

Poesía, narrativa, fotografía, ciencia, banda deseñada, música…Todo iso e máis empaquetado con sumo gusto é a revista Búsola. A publicación sorprende aínda máis se temos en conta que ten o seu berce nun concello rural da Mariña (O Valadouro), que conta con pouco máis de 2.200 habitantes. Aí, na Casa da Cultura, naceu en 2004 esta publicación en papel e dixital que ten unha vontade apostar por valores emerxentes de todos os recunchos do país.

O activismo dun pequeno grupo de persoas, coordenados polo técnico local de cultura Suso Rubio, e a colaboración do consistorio permiten o milagre dunha revista destas características. Agora Búsola vén de subir á rede o seu quinto número que corresponde ao ano pasado (2011). Nel podemos atopar a poesía de Miguel Alonso, un relato de Ledicia Costas, traballos fotográficos de Estela Insua,  unha análise de Inés Liste sobre a cultura galega neste primeira década de século XXI e moito máis. Paga a pena deterse e recrearse cunha revista nacida con toda a modestia pero que ten xa un sitio destacado entre as publicacións culturais do país.

Podes ler aquí (en flash) a revista dixital Búsola

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 14