medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Premio Blanco Amor, trinta anos á busca das mellores novelas

En 1981 nacía un premio que se converteu axiña nunha referencia para o xénero novelístico galego. O Concello de Redondela botaba a andar a primeira edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. O galardón, tal e como apuntaba o profesor González Millán na súa obra A narrativa galega actual (1975-1984), foi determinante na conformación da novela en galego ao longo da década dos oitenta. Tres anos despois, en 1984, nacería outro dos grandes premios para novela: o Xerais.

Hai trinta, o escritor ribadense Daniel Cortezón gañaba a primeira edición do certame coa obra A vila sulagada, a crónica da loita dunha veciñanza contra a construción dun encoro. En 1982 o premio sería para unha das novelas de referencia nesa década: O triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes.

O xa finado Daniel Cortezón, foi o primeiro autor premiado co Blanco Amor

Entre os autores premiados atópanse, entre outros: Alfredo Conde, Roman Raña, Fran Alonso, Caride Ogando, Úrsula Heinze, Cid Cabido, Suso de Toro ou Sechu Sende. Tan só tres mulleres gañaron algunha vez o certame (Úrsula Heinze, Dolores Ruiz Gestoso e Inma López Silva). Houbo dous anos nos que non quedou o premio deserto (1995 e 2008).

O aniversario, en Fene

A bisbarra de Ferrolterra terá a honra de acoller esta trixésima edición. O Concello de Fene, que se encarga da organización, xa fixo públicas as bases do galardón. Os escritores que queiran participar neste galardón terán que presentar novelas cunha extensión mínima de 150 folios. Os orixinais haberá que envialos por quintuplicado á Concellaría de Cultura de Fene (Avda. de Naturais, 44, entrechán. 15.500. Fene)

O prazo de admisión de orixinais remata o vindeiro 28 de setembro e o fallo do xurado darase a coñecer antes de que remate o mes de novembro. O gañador ou gañadora recibirá un premio en metálico de 12.000 euros e verá publicada a obra na Editorial Galaxia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 4