medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Pornografía, de Lúpe Gómez: os poemas da “vergoña familiar” pasan a ser de culto

Caricatura de Lupe Gómez que fixo Ruth Caramés, de Tinta de Lura

Nuns tempos nos que case comeza a ser novidade a simple publicación de libros de poesía, hai que dar unha nova aínda máis rara: A da reedición dun poemario. Isto é o que acaba de facer Edicións Positivas con Pornografía, o primeiro libro autoeditara a poeta Lupe Gómez, aló contra finais do ano 1995 e que reeditara en 2005 a Editorial Compostela-Grupo Correo Gallego na colección Poeta en Compostela.

Lupe Gómez, que cando se editou por vez primeira Pornografía tiña 23 anos, provocou un pequeno tremor no panorama poético de mediados dos 90. Aquela estudante de Xornalismo, que viña dunha aldea de Curtis, atopou críticas por unha poesía botada para adiante. Ben anos despois (2007), o escritor e editor Fran Alonso contaba nun artigo na edición galega de El País os problemas que viviu daquela a poeta: “na súa casa, na aldea de Fisteus, concello de Curtis, sentíanse avergoñados de que a rapariga escribise un libro así. Agacharon todos os exemplares do libro e non lle falaron a ninguén do asunto.”

Nesta reedición en Positivas encárgase do limiar o tamén xornalista Fran P. Lorenzo. A súa presentación comeza así: “Se a literatura galega, a unha idade xa tan provecta e respeitábel como ten, levara unha axenda persoal, ou mesmo un diario, apuntaría á altura de 1995: “Por fin alguén berrou puta no meu seo! Quen é..? Nin a coñezo, chámase Lupe Gómez. E é de Fisteus, do confín das vacas…”. E máis abaixo: “Tenme sorprendida. Actúa coma unha nena pequena, si, pero coma esa cativa que deixa caír unha verdade dolorosa e suprema no medio dunha aborrecedora reunión de adultos. Ela abre a boca e de súpeto todo estala… Tamén en min…”

Deixámosvos como aperitivo un breve poema que se recolle neste libro:

ENFOQUE TEÓRICO

A muller é

un cristal

atravesado por

unha patria.

 

 

Comentario a Pornografía, de Lúpe Gómez: os poemas da “vergoña familiar” pasan a ser de culto

  1. Aínda que a súa escatoloxía non é que me agrade, sei ser xusto (para algunhas cousas, cando menos) e concédolle o que é seu. Sempre ando a meter os cans na bouza nesta web co asunto do atrevemento na creación literaria, e o seu é un estupendo exemplo.
    O mérito extra dallo o entorno. Podo dicir que a mentalidade rural que sempre coñecín e as inquietudes estándar da clase obreira que idem (e coidado, que as coñezo ben) nunca favoreceron a comprensión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 1 =