medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Os días de egoísmo utópico

 

Un artigo de Iria Ameixeiras Cundíns.

Recomendo para ler este artigo escoitar Papillon Tu Es Volage, de Jacques Douai.

Iria Ameixeiras

Escribe: Ultimamente todas as conversas de amigos desembocan no “negro que temos o futuro”. Na nosa imposta vocación de convalecentes inventamos días de merda. De feito, o último que nos queda de Anna Politkovslkaya é un fotograma tirado da cámara de seguridade dun supermercado en outubro de 2006. Pero é que ademais, hai cen anos, antes da aparición do cinema, a xente bicábase doutra maneira. Agora bicámonos todos igual porque o vimos na tele. É a nostalxia obscena a que nos fai parecer que sempre temos razón. Igual que dicir que non hai boa música desde os anos 80. É que se ninguén cre no futuro, igual que nas fadas de James Barrie, o futuro non existe. Insisto. Autoprovócome o optimismo dun café á 1.23 da noite. Porque este texto ía ser Só a verdade pero agora estou enfadada, por tanto desprestixio e tanto pésame e tanto tránsito envelenado pola Rede.

Devezo por dicir mentiras. Por coller este libro e mudarlle o título. E a cor negra do meu futuro. O que hai nas paredes desa casa en Chechenia son restos do polen de primavera. E se quero, o Estado vaime dar unha beca para que estude a cor do ceo o vindeiro ano. Cando acabe este artigo comeza o serán da Nasa e o traxe que vou vestir fíxoo unha costureira que traballa oito horas ao día. Nos Compostela mañá botan Sinbad. Cádrame ben para ir despois ao concerto de Nordestinas na Sala Iago. Tocan esa canción que me gusta tanto que escoitei un día na radio e que é a única á que lle coñezo a letra coma para poñerme a cantala a pleno pulmón pola rúa. Ou na ducha. Agora boto moito tempo na ducha porque a auga xa non ten cloro. Penso que imos facelo todo xuntos porque non hai falta de marchar. Penso que han ser bos días para pasear polo monte e tomar melocotóns en xarope ao pé dun carballo. Abrirei o xornal e procurarei o seu nome coroando o artigo dos sábados que tan coidadosamente traduciron do ruso.
Non é certo que os soldados desertaran, e que lles deran a súa pensión vitalicia aos nenos que deixaron orfos. Nin que non lle pegaran a aquel reporteiro de Novaya Gazeta cando volvía á súa casa por destapar a corruptela dun oligarca sen escrúpulos. Non é certo e non o ignoro. Pero hai días que me senta ben esquecelo para evitar a respiración asmática da histeria e practicar sorrisos que me sirvan para expresarme. Nas fotos carné caducadas sempre me cae a boca. Dense conta de que esta aura gris que ten a terra contamina máis que o CO2. Por iso levo a verdade sempre nun libro en vez de na mente. Porque hai días egoístas nos que non quero que chova. Días nos que podo repetir aquela frase do xornalista Manuel Alcántara. “Fai un día como para ter moza formal”. E despois xa irei inventando bicos novos, como se volvera a nacer o cinema. E conversas nas que se fala do futuro e a xente volve a ter ganas de escoitarnos. Porque despois, así, vai ser moito máis fácil.

Comentario a Os días de egoísmo utópico

  1. O que pensa que non hai boa música dende os oitenta é que non sabe atoparla.

    Só o mellor do ano pasado, 129 temazos o te no meu blog, na cabeceira…

    E son só unha selección.
    Para ver ben as cousas (non so a música) hai que ter bos ollos… 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 6 = 8