medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“O humor é mellor que a coherencia, o compromiso, a evasión e o lambeconismo”

Fago un esforzo para imaxinar como puido parir Samuel L. Paris (Muros, 1984) este seu libro de poemas que leva por título Inflamable (Edicións Positivas, 2012). Venme á mente a imaxe dun poeta pechado nun piso de corenta metros cadrados que en vez dunha pluma, unha máquina de escribir ou un computador emprega unha thermomix para compoñer os versos. Tamén vexo ciscado polo chan da cociña a Gran Enciclopedia Galega, coleccións enteiras de poesía, os xornais de maior tiraxe do país e gasolina, moitas latas de gasolina. Da banda sonora ben pode encargarse Sepultura ou mesmo Terbutalina

Samuel L. Paris

Abro comiñas e pico un dos poemas: “Até que Montelouro teña, finalmente, un pezón en condicións e até que atinen a nos dicir por que é que somos a xeración mellor preparada da historia. E agardan que creamos na política como eles confiaban en deus (…) Somos todo o que non lembraremos dunha fotografía. As cores todas coas formas todas”. Poucos poemas despois, outro tan breve coma hilarante “sexo oral lúdico: cómesma / e contas vinte”.

Despois de publicar en edición dixital gratuita Manual da destrución (A Regueifa, 2008), Samuel L. Paris desembarca no papel con este “inflamable”. Estamos diante dun libro de poemas pouco comun, irreverente, iconoclasta e aterradoramente lúcido (con tanta dose de humor coma de frustración). Por veces, máis que dentro dun poemario semella que viaxamos nun endoscopio que percorre as entrañas do país. Xa se sabe que a endoscopia é unha técnica invasiva e neste caso avisamos que o autor prescinde de calquera anestesia. Estas son as respostas ao cuestionario que lle remitimos.

-A contracapa deste teu libro é a mellor explicación do título e contido do libro: “A literatura (pode) debe arder…”É esta tamén unha declaración de principios?

É o prólogo, o resume, o todo, o epitafio. Queimar, demoler e destruír mentres asubías e bailas. Estou seguro de que moita literatura funciona mellor como combustible que como arte.

-Hai nos poemas unha mirada extremadamente aceda dos tempos que vivimos pero tamén un chea de humor irreverente. Era imposible poñer bombas incendiarias en símbolos literarios, políticos e mesmo sociais do país sen botar man do humor?

Vivimos, desde sempre, nuns tempos estúpidos e claustrofóbicos, nun país estúpido cun pobo aínda máis estúpido. Hai que ser o suficientemente incoherente para saír indemne e sorrinte de todo isto. O humor é, e será sempre, mellor que a coherencia, o compromiso, a evasión e o lambeconismo. Hai bos e malos e estamos nos dous bandos.

-O de pasar a man polo lombo non é o teu. Canda estes versos pirómanos tamén arden nomes coma os de Fernán Vello, Xulio Valcarce, Antón Reixa (“Etiopía ten fame / comeuno todo antón”), Yolanda Castaño, Xurxo Souto, Gloria Lago, Núñez Feijoo, Roberto Varela, Rosa Díez, Manolo Rivas… Supoño que non tes previsto acudir a ningún acto literario ou político nos vindeiros meses?

Prefiro as masturbacións en privado.

– Os teus poemas supuran referencias literarias, gramos de cocaína, consultas de pediatría, pelos da cona, Black Sabbath, indios cubrindo quinielas, conselleiros, polémicas lingüísticas, poetas alopécicos e apapahostiados, teenagers que ven o Xabarín…Tocando nun grupo que se define como gastropunk (Terbutalina)  era imposible falar de circonitas, números áureos e citar a poetas harmenios?

Creo que o seu é escribir como un defensa central, defender a área coa mirada posta na bancada rival e tocar o baixo como se foses o xinecólogo da muller de Rajoy.

-Samuel teño que dicir que o teu libro é do mellor (e máis divertido) que levo lido en tempo… aínda así comprenderás que non te vexa recitando nin diante do conselleiro de Educación e Cultura nin sequera nunha convención de escritores?

Pois para recitar para quen me queira escoitar, case mellor quedar na casa. Alguén ten o teléfono de Jesús Vázquez?

-O ano pasado publicaches un relato nun libro colectivo desta casa (Letra en Obras). Hai algo máis aí no caixón de narrativa?

Pois teño que dicir que estaba a escribir bastante narrativa, pero escarallóuseme o disco duro e perdín todo. Agora no caixón de narrativa só teño calcetíns. Facede copias de seguridade, nenas e nenos.

-Ponte no caso de que es profesor de instituto, que cinco libros lle meterías á forza (a literatura con sangue entra) aos teus alumnos?

A constitución hespañola, O bosque harmonioso de Augusto Abelaira, todas as letras do disco Leviathan de Mastodon traducidas co tradutor automático de Google, unha escolla co mellor do DOG do último reinado de Fraga e unha copia do meu contrato de edición con Positivas.

-Este cuestionario remata a tecla aberta. Podes poñer o que che dea a gana…

Os chícharos non teñen mans, polo que os chícharos nunca tocarán o ceo coas mans.

*Un cuestionario de Ramón Vilar

13 comentarios a “O humor é mellor que a coherencia, o compromiso, a evasión e o lambeconismo”

  1. Coma unha puta cabra! Eso si, eu tamén creo que a literatura do país necesita algo de líquido inflamable.

  2. O mellor e que vaia buscar un avogado, se pode de pago, este non tarda nada en darlles cartos a ganar.

  3. Ataque Impenintente

    Eu tenho dende onte o livro e podo dizer con seguridade que nom vai ser de doada digestom em certos círculos literários. Na escrita os filhos sempre querem prender lume na casa dos maiores.

  4. Magnífico o INFLAMABLE.
    E iso é o impoprtante.
    Léano e despois falamos.
    E só así poderán entender a este tal Samuel.

  5. Se Samuel tivera que contratar avogado, ben boa nova sería para el. Significaría que non resultaría simplemente etiquetado coma poeta marxinal (ou lampantín canfrauta ou o que se lles ocorra a esas cabeciñas no aire), que os denunciantes lle atribuirían dentes con capacidade para ferir.

  6. Concordo no gusto por O bosque harmonioso de Augusto Abelaira. Grande, grande.

  7. sorprendido e agradado!!
    de lambeconas a lambeconas

  8. Vímolo o sábado pasado nunha iniciativa dos Editores de Compostela chamada o EXPRÉS LITERARIO e impresionounos este Samuel. En directo é unha máquina.

    O INFLAMABLE ten que ser un dos libros dos novos tempos.

  9. Pingback: Samuel L. París: “O humor é mellor que a coherencia, o compromiso, a evasión e o lambeconismo” | ::Axenda cultural AELG::

  10. Pingback: os límites do teatro ou onde está a poesía | ferradura en tránsito

  11. Pingback: As crebas » Expréss Literario de Muxía, a crónica persoal de Rosalía Fernández Rial

  12. http://www.facebook.com/samuel.paris.52 Ao final acabouse integrando no sistema, coma case todos os punkis.

  13. Pingback: Tempos Dixital | Terbutalina: «A música hai que comela, vomitala e volver comela»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 8 =