medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Couto (Ponteceso): Benvidos á capital literaria galega!

Hai aldeas que son auténticas urbes para as nosas letras. Un dos mellores exemplos é o lugar do Couto, en Ponteceso. Este lugar de escasos 200 veciños ten unha actividade cultural que xa para si quixesen moitas das vilas grandes. A asociación cultural Monte Branco encárgase, dende hai trinta anos, que O Couto sexa todos os meses de maio nun dos fachos máis esplendorosos da literatura do país.

Por este recuncho da comarca de Bergantiños pasaron multitude de escritores para atoparse cos veciños e con xente que se achega á Festa das Letras dende os concellos próximos. Manuel María, Bernardino Graña, Neira Vilas, Manolo Rivas ou Fina Casalderrey son só algúns dos moitos autores que recibiron cumprido homenaxe nestas terras.

E aínda que a literatura é o fío condutor das actividades do mes das Letras, a asociación Monte Branco converteu o evento nunha auténtica festa na que non falta a música, os xogos para as crianzas, as proxeccións audiovisuais ou os debates. Unha fórmula que lle garantiu ao longo de todo estes anos un notable éxito de público.

Se non coñeces a aldea do Couto, deixámosche o programa deste ano para que vexas que a literatura latexa, e con ben forza, no noso rural.

Programa Festiletras 2012

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 7 =