medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Mondoñedo convoca o I Premio de Poesía Leiras Pulpeiro

Imaxe de Leiras Pulpeiro

O poeta Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912) vai ter un galardón que leve o seu nome. O seu concello natal, en colaboración coa Deputación de Lugo, decidiu convocar un certame poético ao que poderán concorrer autores enviando traballos de ata 150 versos.

Os orixinais deberán presentarse baixo plica, por cuadriplicado, antes do 2 de xullo. As obras deberán enviarse a Concello de Mondoñedo (Praza do Concello, 1. CP 27740 Mondoñedo) coa indicación de Para o I Premio Leiras Pulpeiro de Poesía.

O xurado dará a coñecer o seu fallo no mes de setembro. En total haberá tres premios dotados con 1.500, 600 e 300 euros respectivamente.

Nova edición do Díaz Jácome para Novos Creadores

O Concello de Mondoñedo tamén mantén a tradicional convocatoria do Díaz Jácome de Poesía, neste caso dirixido a novos creadores que non superen os 30 anos anos de idade. O galardón, que chega a edición número trece, repartirá tres premios que suman un importe total de 2.400 euros. O prazo de entrega dos traballos remata tamén o vindeiro 2 de xullo.

Podes ver aquí as bases íntegras dos dous premios:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 5 =