medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Letra en Obras: Un ano en permanente construción

Tal día como hoxe hai un ano botaba a andar o proxecto Letra en Obras. Doce meses despois estamos outra volta ás portas do Día das Letras, a xornada onde se reivindica a palabra escrita na lingua nosa, o día grande da literatura. Mais como diciamos o pasado 16 de maio a nosa literatura precisa de espazos os 365 días do anos, aínda que nalgúns casos sexan tan humildes coma esta revista dixital.

A nosa declaración de intencións deixámola no limiar do libro colectivo 17 letras sen día, que podes descargar aquí de balde:

“Letra en Obras é a literatura en permanente construción: ese río de tinta ou de bits que por fortuna non deixa de fluír. A palabra escrita latexa cada día, cada hora, a miúdo en silencio, intentando recompoñer o caos que nos rodea. Eis un luminoso exemplo: Dezasete autoras e autores de case outras tantas bisbarras do país que nos achegan un monllo de historias breves que de seguro non han deixar o lector indiferente.

No mesmo mes que se celebran as Letras e un prácido Vento Lois percorre o planeta literario, sae a navegar pola rede este veleiro tripulado por xente moza. As bodegas do barco van repletas e nós queremos abrilas a todos os lectores. O único prezo para esta viaxe é o interese e a paixón.

Nun tempo no que a casa da nosa literatura ten aínda demasiadas fiestras por abrir, é certo que os tempos pasados tampouco foron mellores, Letra en Obras arela ser unha ponte aberta entre os novos creadores e o público. A escrita de calidade tamén se move á marxe dos flashes, dos congresos, das cátedras…e este mosaico quere ser o escaparate desoutra literatura que xa está aquí.

Estamos seguros de que moitos dos nomes que figuran neste volume serán nun futuro, que xa se está a construír no presente, os alicerces que sigan tremando dunha literatura tan necesariamente galega como universal.”

Un ano despois daquela presentación pública e novamente ás portas do Día das Letras queremos darvos as grazas ás ducias de persoas que dun xeito ou outro colaborastes e colaborades para que este proxecto siga en pé. Por outros 365 días de letras en obras!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 6 =