medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Lendo a Saramago directamente en portugués tamén o podemos considerar un pouco noso”

Seguimos falando cos outros grandes protagonistas da literatura: os lectores . Hoxe contesta o noso cuestionario de Fotomatón Antón Amor Becerra (A Coruña, 1977).  Licenciado en Políticas pola USC, pasou a infancia e boa parte da xuventude nunha viaxe constante entre A Coruña (cidade na que recalou a familia por cuestións laborais) e Cerceda (municipio de orixe familiar e ao que sempre estivo moi ligado). Ao final tivo que escoller e puido o corazón: decidiu traballar na Coruña e vivir en Rodís (Cerceda). Eis a conversa que mantivemos con el para Letra en Obras.

Antón Amor

-Que andas a ler agora?

Agora mesmo estou a ler “Claraboia”, de José Saramago; Foi unha das súas primeiras obras, pero permaneceu inédita ata hai ben pouco. Tamén me gusta moito o ensaio; agora mesmo estou lendo un libriño pequeno que se titula “Manifesto de Economistas Aterrados”, escrito por varios economistas franceses, e “Xeografía de Galicia”, tamén de varios autores e editado o pasado novembro.

-Tes que comprar cinco libros para dar un agasallo moi especial. Que títulos mercarías?

Hai moitísimos libros bos e a decisión sería difícil.

-Se puideses escoller que tres escritores do mundo mundial che gustaría que fosen galegos?

En Galiza temos escritores únicos, e, ademáis, podemos ler directamente do portugués, polo que tamén podemos considerar un  pouco nosos a escritores como Saramago, que últimamente me ten engaiolado. Gústanme moitos autores, pero non teño especial necesidade en que estes sexan galegos.

-Os libros que non che gustan pásasllos aos inimigos, fas lume na cociña de ferro ou gárdalos por se che cambio o gusto?

Gardo case todo o que leo aínda que non me guste; confeso que unha vez, despois dunha compra impulsiva, botei ao lixo, avergoñado comigo mesmo, un deses libros tontos e sensacionalistas: Afortunadamente, non me volveu a pasar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + = 6