medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Agustín Fernández Paz: historias pensadas en galego para nenos chineses

Edicións Xerais vén de anunciar unha boa nova para a internacionalización da nosa literatura. O libro Un tren cargado de misterios, de Agustín Fernández Paz (Vilalba,1947) está a ser traducido ao chinés para ser publicado nos vindeiros meses pola editorial New Buds Publishing House, con sede na cidade de Tianjin.

O libro dirixido a nenos e nenas de sete anos en diante, está ilustrado polo artista cubano afincado en Vigo Luís Castro Enjamio. A obra, que xa vai pola súa quinta edición en galego, recibiu en 2003 o Premio de Lecturas Galix.

Canda Neira Vilas, Agustín Fernández Paz é un dos autores galegos vivos que máis ten sido traducido a outros idiomas. A súa obra, especialmente a dirixida a público infantil e xuvenil, pode atoparse en idiomas tan diversos como o castelán, o catalán, o euskera, o portugués, francés, italiano, árabe ou incluso en coreano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 3 =