medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“A calidade da literatura actual é moi estimable pero as augas baixan demasiado avoltas”

Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971) é, ademais de ensaísta e tradutor, unha das voces máis relevantes da crítica literaria galega actual. Profesor de Lingua e Literatura no ensino secundario, Requeixo colabora con diferentes medios de comunicación dende os que lle toma o pulso á produción literaria na nosa lingua. Dende Letra en Obras puxémonos en contacto con el para formularlle as seguintes cuestións.

Armando Requeixo / Foto: Xoán Álvarez

– Apenas pasados os 40 anos, vostede xa ten detrás unha sólida e recoñecida traxectoria como crítico literario. Dicir o que pensa da obra dos demais obrígalle a ir máis veces das debidas ao chapista?

Eu lévoo ben. É certo que hai autores que admiten mellor as críticas e outros que se incomodan máis, pero todo dentro dos límites da cortesía.

-Na literatura galega os críticos son misericordiosos, andan coa navalla aberta ou simplemente son equitativos?

Hai de todo. Existen compañeiras e compañeiros que prefiren comentar só libros que lles agradan, de xeito que unicamente fan recensións positivas. Outros, pola contra, están especialmente interesados en sinalar eivas para que a nosa escrita de creación mellore día a día, así que tenden a ser moi incisivos. Pero a maioría xulga tentando orientar sobre o que cre de maior ou menor interese, con ponderación.

– Como ve o panorama actual da literatura galega?

Como un río despois dunha gran treboada. As augas baixan demasiado avoltas. A crise non está axudando nada e, aínda que a calidade media dos nosos produtos se mantén nun nivel moi estimable, o certo é que os tempos son difíciles para a industria literaria.

-Díganos algúns nomes de novos autores que andan polo país e que non debemos perder de vista.

Dos que se incorporaron con forza no último ano: a) en poesía: Ana Cibeira (Pintalabios), Iria Fernández Crespo (Flores da galvana), Luís Valle (Fedor) e Diana Varela Puñal (Animal abismo); b) en narrativa: Anabel Alonso López (Café só), Antonio Piñeiro (As fiandeiras) e Juan Tallón (A pregunta perfecta); c) en teatro: Fernando Álvarez (O ático); d) en ensaio: Xurxo Martínez González (Luís Soto. A xeira pola unidade galega).

-Pedímoslle un consello complicado: que cinco obras da literatura galega publicadas neste século XXI non deberiamos deixar de ler? (Se é indispensable deixámoslle aumentar a lista ata sete).

Son incapaz do que se me pide. Pero farei outra cousa que talvez poida servir. Sinalarei autoras/es que se destaparon nesta última ducia de anos ou que, tendo comezado a publicar un chisco antes, non foi ata estes últimos lustros cando deron á luz o máis substantivo da súa obra (E conste que deixo fóra outros tantos nomes, pois afortunadamente hai hoxe no noso panorama creativo un bo feixe de voces importantes que darían para unha nómina ben máis longa). Velaí: a) en poesía: Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Carlos Negro, Olga Novo, Baldo Ramos, Elvira Riveiro Tobío e Dores Tembrás; b) en narrativa: Rosa Aneiros, Teresa Moure, Mariña Pérez Rei, Xurxo Sierra Veloso, Anxos Sumai, Rexina Vega e Iolanda Zúñiga; c) en teatro: Teresa González Costa, Rubén Ruibal e Roberto Salgueiro.

-Atrévese a facer o mesmo con cinco obras doutras literaturas?

Non. Son consciente das miñas limitacións, do moito que aínda ignoro doutros sistemas literarios. Sería inxusto se xulgase cun coñecemento parcial de tales realidades. Que lese nestes anos ducias de libros desas literaturas non abonda para determinar qué obras, entre as miles publicadas, son as mellores.

-Que precisa a nosa literatura para gañar cota de lectores primeiro no país e logo fóra das nosas fronteiras?

É difícil responder esta pregunta. En todo caso, creo que hai que seguir crendo na calidade das nosas autores e autores e procurar comercializar o mellor posible os seus produtos. E para iso tampouco viría mal un apoio máis decidido dende as institucións.

– Os libros electrónicos préstanse para a crítica pausada ou só para un rápido comentario en Facebook ou Twitter?

Préstanse moi ben para todo o que se queira. A decisión de que o comentario dunha obra lida como libro electrónico se verta en forma de recensión máis elaborada ou de simple apuntamento do Face ou Twitter débese á preferencia concreta do crítico ou das circunstancias que (im)posibilitan un ou outro tipo de comentario en cada caso e momento, pero, dende logo, non nacen do soporte no que foi efectuada a lectura.

*Unha entrevista de R. Vilar

8 comentarios a “A calidade da literatura actual é moi estimable pero as augas baixan demasiado avoltas”

  1. Como lector creo que hai valiosos valores nas novas fornadas literarias. O poemario Cráter de Olga Nova, por exemplo, é simplemente espectacular.

  2. Cómpre aclarar que “moi estimable” é un concepto interpretable de moitas e moi distintas maneiras…

  3. Coincido con Vidal, moi estimable non significa necesariamente moi boa (e esto non é un dato menor). Aínda así, o señor Requeixo di cousas de moito interese: “Hai que seguir crendo na calidade das nosas autores e autores e procurar comercializar o mellor posible os seus produtos”. Francamente, considero que non temos unha boa comercialización e iso incide na visibilidade da literatura galega. Saúdos

  4. Pingback: Armando Requeixo: “A calidade da literatura actual é moi estimable pero as augas baixan demasiado avoltas” | ::Axenda cultural AELG::

  5. Pois coincido co Lucho, co Vidal e co Garabal.
    Pero o señor Requeixo paréceme un pouco conservador, un quedabén. Móllase pouco.
    Ten que ler o “Inflamable” de Samuel L. París, e xa verá como hai escritores nada convencionais. fóra deses círculos onanistas. Eu acabo de lelo é creo que é magnífico. Pero eu non son ningún referente, xa que paso por loucuras transitorias que me desacreditan.
    ¿O “Cráter” de Olga Novo? É a confirmación dunha das grandes voces da poesía galega.

  6. En canto a preferencias, a miña impresión é que a crítica literaria galega é conservadora por definición.

  7. Parece que estes de Letra en Obras me fixeron caso, e entrevistaron ao Samuel L. París.

  8. Pingback: As crebas » A pantasma da casa da Matanza, na Radiocrítica de Armando Requeixo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 7 =