medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

R e C conversan sobre a vida e o futuro da escrita

Un artigo de Mauricio Delito

O pracer do texto é ese momento no que o meu corpo comeza a seguir as súas propias ideas, pois o meu corpo non ten as mesmas ideas ca min.
Roland Barthes

Miguel Mosqueira

R: É difícil expresar o visto e frústranme os clichés. Escribo para que se lea a entreliña.

C: Entendemos a escrita cun rigor inaudito cando todos sabemos que é unha maneira importante máis de falar.

R: Ben, de escoller prefiro suscitar a comunicar. Comunicar pecha artificialmente sentidos.

C: En todo caso múltiples explosións de sentido.

R: O sentido da vida é resistila. “Non penses a vida, deixa que suceda” díxomo mamá. Life is a lonely highway.

C: Mais as replicantes e os clinames así como as operarias semellan parte da máquina de guerra que procede a trans-tornar a convención da lei sobre a que gravita a vida.

R: Escoitei a Rohmer dicir que existindo só unha mínima porcentaxe de posibilidades de que a vida teña sentido, pagaría a pena crelo. Logo, crer salva. Sintetizando argumentos: a vida é para vivila e só acreditando nisto adquire cor, pero só falándoa real-ízoa.

C: Nunha perturbación dada pola influencia que o vehículo da Nasa que camiña sobre a Superficie de Marte ten na túa escrita no teu posto de traballo.

R: Este é o fluído do meu corpo, este é o líquido da miña vida.

C: Entráronche ganas de bailar nalgún momento?

R: Bailaría tango despoxada de vestidos e de tacóns, comendo con dous garfos e talvez esa será a miña última misión, envolta en voltas. Aí radicaría o meu misterio.

C: De meditar nos corpos e tamén de mirar moi atentamente a luz do planeta.

R: Comeza, logo, a elevarse o globo e a visión, desde arriba comprende cada vez unha meirande extensión de terreo. E ves a casa, e ves poboado e ves a noite que o circunda e ves un planeta.

C: Precisamente este planeta.

R: …E xa, no espazo sideral os corpos a gravitaren ao redor das estrelas perden importancia porque só respiras pó cósmico.

C: Uns corpos exquisitamente reais totalmente liberados de ideoloxía de calquera tipo de plusvalor e totalmente dentro do amor, alí caían as liñas traspasadas pola dor a o tempo que liberadas por esta intensidade de relación sen usura.

R: O revulsivo é amar, amar non é a restricción eu-ti. Amar é un manancial no embigo e unhas mans todo enerxía a falta de corpos nos cales descansar.

C: A idea de exponer o teu amor a partir dos nomes que colocas nos poemas.

R: Esta é a historia de navegares un te negro e chegares a auga viva. O amargo é un sabor tan estimulante.

C: Eu, porén, pensaba levarte a Dominga. Son tan ricos os dobrados. Desde que pechou a Ibense sinto un baleiro tan profundo no meu corazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 9 =