medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Punto G Edicións: Os best-sellers da literatura universal tamén no noso idioma

En Letra en Obras saudamos o nacemento dunha nova editora galega. A nova empresa cultural, que leva por nome Punto G Edicións, busca verter ao Gales “obras da literatura universal de gran impacto comercial ou cultural escritas orixinalmente en linguas alleas ás comunidades lingüísticas lusas ou hispanas”.

Portada do primeiro libro da editoraA declaración de intencións demóstraa coa novela coa que se estrea Punto G Edicións:  O clan do oso das cavernas. A nova editora saca en galego esta novela que a escritora estadounidense Jean M. Auel publicou por vez primeira en 1980. A novela, que é a primeira da saga Os fillos da terra, narra a vida na época do paleolítico. A obra de Auel converteuse nun auténtico best-seller mundial e acabou sendo levada ao cinema. A autora leva vendidos máis de 45 millóns da súa saga Os fillos da Terra.

A nova editora dispón dun portal electrónico onde os internautas poden mercar directamente o seu primeiro libro (19,23 euros) e tamén outros produtos como é o caso de camisolas da marca Punto G. Os libros tamén se distribuirán nas principais librerías do país.

Aquí che deixamos a ligazón á páxina da nova editora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 4 =