medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Os santiagueses libros de Encarna Otero

Un artigo de Paco Macías

Contemos cómo foi a cousa.

Paco Macías

Diante da desastrosa realidade de que algúns colexios de primaria en Santiago non saen cos nenos fóra das súas paredes, daquela algúns pais argallamos que nas fins de semana os nenos de cada curso fagan algo xuntos as fins de semana. Os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola xa son varias as actividades que levan feito, ben sábados pola tarde ben domingos.
Unha das últimas actividades foi protagonizada por Encarna Otero, persoa ben coñecida en Santiago. O que isto escribe viuna un día nunha rúa Compostelá, propúxolle que nos guisase nun percorrido polo que resta da vella muralla santiaguesa, e ela, sen me coñecer de nada, dixo inmediatamente que si. Acordada a data e a hora, alá apareceu moi puntual.
Os nenos e pais que asistimos, de procedencias diversas, de bolivianos a bercianos, brasileiros ou ourensáns, e mesmo algún santiagués, deixamos que Encarna Otero nos levase, durante case tres horas, polas rúas de Santiago parando só nas SETE PORTAS, na de SUFRATIS, na da TRINIDADE, na FAXEIRA, na da MÁMOA, na de MAZARELOS (ou MAZARELAS) na do CAMIÑO e na da PENA. En todas elas falou da súa cidade, con paixón e sabedoría. Deixou en nós máis coñecemento da cidade na que vivimos e, como boa profesora, despertou en nosoutros ganas de saber máis.
E recomendounos ler algúns libros, e que compartimos:

Compostela na historia, de Euloxio Ruibal
Os bolechas unha noite en Compostela, de Pepe Carreiro
Doce badaladas, de Suso de Toro
No ventre do silencio, de X. L. Méndez Ferrín.
Tránsito dos Gramáticos, de Marilar Aleixandre
A tecedeira de Bonaval, de López Ferreiro
Compostela, de Pepe Carreiro
Fragmantos de Apocalipsis, de Gonzalo Torrente Ballester

E cando acabou deixounos a todos, e coma se nada foise para a súa casa; quedamos algo pampos de tanta xenerosidade, tanta tanta á que non estamos acostumados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 10