medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O París de Haussmann

Un artigo de Xurxo Martínez González

“ Paris change! Mais rien dans ma mélancolie / N´a bougé! Palais neufs, échafaudages, blocs, / Vieux faubourgs, tout pour moi devient allégorie / Et mes chers souvenirs son plus lourds que des rocs.” (Le cygne, de C. Baudelaire).

Velaí os versos do París de Haussmann. O retrato da man do maldito Baudelaire, nun poema dedicado ao miserábel de Víctor Hugo, daquela vella capital derrubada.

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez

Estar na praza da Concordia de París, onde rodaron as cabezas da monarquía, e outras tamén, permite albiscar parte dos edificios máis sobranceiros da capital. Poñas, como te poñas. Un deseño xeométrico exacto. Obra do Barón Haussmann.

Non é tan frecuente que a xente saiba que o proxecto urbanístico do corazón do actual París procede dos tempos de Baudelaire, isto é, dos tempos das revolucións liberais da década dos 40. Quen procure o casco vello da cidade, vai cruzado. Apenas hai vestixios. Porén, moitos quedan pampos ante os enormes bulevares, as prazas, os parques, os edificios cuspidiños que expresan unha arquitectura racional e clásica.

O Barón Haussman foi o encargado de proxectar unha nova cidade para o novo imperio de Luís Napoleón Bonaparte, proclamado emperador tras un golpe de estado en 1851 (logo de pasar os anos de presidente constitucional tras a revolta de 1848). Mais a idea urbanística, tanto de Haussmann como dos conselleiros do emperador, incluía un modelo que fose antirrevolucionario. As rúas pequeneiras, de trazado irregular e de patios comunicados reducían a capacidade de control das forzas represivas. Para dificultar erguer barricadas, anchas avenidas. Para dificultar fuxidas, trazados lineais. Para dificultar a vida dos humildes no centro, especulación do chan (cantos barrios marxinais se crearon nos arrabaldes!).

Daumier, aquel gravador excepcional do París do XIX, deixou cómicos debuxos sobre este episodio. Un dos que dedica á “destrución creativa” da cidade reflicte un traballador petando na fiestra dun lar burgués para espertar o matrimonio. O seguinte edificio que se ía tirar era o deles. E así aconteceu realmente naquel lugar onde se derruíu a carabuña da cidade para edificar a que hoxe coñecemos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 7