medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Hamlet

Un artigo de Carla Capeáns

Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare, de A Internaiconal Teatro

Hamlet, de A Internacional Teatro

– Dirección: Jorge Rey

Axudante de dirección: Josito Porto

Traducción: Alfredo Conde

– Elenco: Alfredo Padilla

O “Hamlet” d’ A Internacional Teatro é un traballo no que prima a investigación teatral sobre a propia historia e sobre a propia concepción da mesma. Con esta investigación tanto o actor como o espectador navega entre posibilidades teatrais infinitas co límite único do texto. Non estamos pois ante unha posta escénica “final” ou “pechada”.  O actor, no marco da representación, está permanentemente aberto a novas intencións, a novas sensacións.  Aquelo que vai atopando incorpórao ao conxunto ou desbótao, según conveña. O esencial desta peza é iso, a viveza, a sensación de estar ante algo libre. Supoño que para un actor traballar deste xeito, por unha banda implica un sobreesforzo en cada representación pero ao mesmo tempo achega unha liberdade de experimentación e descubrimento que non sería posible noutro tipo de espectáculo.

Carla Capeáns

Dende a dirección óptase por unha desestruturación da historia, comezando o espectáculo no momento concreto no que Hamlet lle pide a Horatio, o seu amigo, que relate a súa historia. Enmarca a historia nun espazo polivalente, simple e eficaz. A propia concepción da peza fai que o espectador acade un papel importante no espectáculo. O espectador observa dende a súa posición o espectáculo máis pola proximidade e as referencias visuais do actor, semella formar parte da propia historia.

Alfredo Padilla, sabe controlar coma ninguén os tempos e o ritmo da peza. Este é un espectáculo moi complexo dende o punto de vista do actor. Malia que tan só hai unha persoa física en escena son múltiples os personaxes que xorden na historia. Alfredo traballa á perfección a escoita pese a que está só en escena. Sabe escoitarse a sí mesmo e escoita aquilo que o espectador non oe. Pódese dicir que o punto clave deste espectáculo é iso: a escoita. Alfredo Padilla enfróntase a un traballo que require del unha gran concentración e autocontrol. O feito de estar só en escena require que o actor saiba controlar o ritmo do espectáculo, o volume, o espazo…  O único “mellorable” por así dicilo é a dicción, que nalgúns momentos era deficiente. Pero aínda así aplaudo o esforzo de Alfredo Padilla por interpretar o espectáculo en galego.

Algo que me fai disfrutar moito cando vexo teatro é sentir e percibir que o personaxe que teño fronte aos meus ollos sente verdadeiramente. Cando Hamlet tocaba ou acariñaba a mesa eu, como espectadora sentía cómo Hamlet (e non o actor) se recreaba no tacto da madeira… había verdade en todo aquilo que os personaxes facían.

Para facer bos espectáculos non se precisa de grandes escenografías nin dun gran número de actores. O proxecto que nos propón A Internacional Teatro é un deses espectáculos que malia a parecer pequenos vólvense inmensamente grandes cando ti formas parte do público. O bonito e o realmente importante do teatro é chegar ao espectador. E A Internacional Teatro chegou.

Próximas funcións do espectáculo:

– Días: Venres 6 e domingo 8 de Abril (en español) e xoves 5 e sábado 7 de Abril (en inglés)

– Lugar: Zona “C” (Bonaval) – Santiago de Compostela.

– Hora: 20.30 h (domingos ás 19.30 h)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 10