medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Cristina Ferreiro gaña o Fiz Vergara de Poesía con Abecedario póstumo

A xoven poeta luguesa Cristina Ferreiro Real vén de gañar un dos premios de poesía máis prestixiosos: O Fiz Vergara Vilariño. O xurado do galardón (na imaxe de portada), composto por Antía Otero, Estevo Creus, Francisco X. Fernández Naval, Francisco Pérez e María Casar, decidiu distinguir así a obra que leva por lema Abecedario póstumo.

Cristina Ferreiro

O xurado destaca da obra “o seu ritmo, por tratarse dunha peza non compartimentada, na que estamos ante un poema longo que inclúe textos de prosa poética e no que se reflicte a contemporaneidade máis actual. É, en certa medida, unha testemuña deste momento histórico, non como denuncia senón como receptora da realidade que vivimos. Reveladora e en certo modo visionaria. Nela trabállanse moi ben os silencios e as pausas, deixando espazos para o lector.”

O galardón dálle azos á carreira poética desta moza luguesa de 28 anos. Deuse a coñecer en 2006 ao gañar o Premio de Poesía Concello de Ames. Ese mesmo ano resultou finalista no Premio Biblo-Pazos de Galicia, enfocado a descubrir novos valores para a narrativa galega. O seu último libro individual publicado viu a luz hai pouco máis de dous anos Desequilibras e caer (Bubela, 2009).

A autora premiada co Fiz Vergara, ademais de recibir un cheque de 6.000 euros, verá publicada ao longo dos vindeiros meses a obra que presentou a concurso.

Comentario a Cristina Ferreiro gaña o Fiz Vergara de Poesía con Abecedario póstumo

  1. Bo xurado. Con esta xente a escoller seguro que a colleita foi boa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 7 =