medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A publicación de libros electrónicos en galego aumenta un 300% no último ano

Se hai pouco máis de catro anos o libro electrónico era algo case exótico, a edición dixital está a revolucionar  un sector que intenta amoldarse aos tempos. O ano pasado publicáronse en galego 323 e-books (con rexistro ISBN), a cifra é o triple que a de 2010 cando se publicaron 102 libros electrónicos baixo rexistro. En Galicia tamén se editaron libros electrónicos en castelán aínda que a cifra é conserablemente menor (147).

Todos estes datos están recollidos no informe anual do Observatorio de la Lectura y el Libro, que depende do goberno español. No mesmo podemos ver os cambios que se están a operar a nivel estatal na edición. Un bo termómetro é a transición de papel a dixital. Entre 2008 e 2011 o número de e-books practicamente se multiplicou por dez no Estado Español, pola contra o número de libros en papel editados pódese observar un descenso neste período que se achega ao 15%.

Aínda así, en un caso semellante ao do xornalismo, o  mundo editorial atópase na encrucillada: “O futuro está no dixital pero os ingresos están no papel”. As empresas máis pequenas son as que máis apostan pola edición de libros electrónicos, aínda así calcúlase que en 2010, tan só o 2,4% dos ingresos editoriais procederon das apostas dixitais.

Podes ler aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 12