medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A libido literaria en horas baixas? Queda deserto o Premio Narrativas Quentes

A narrativa do país non anda nada quente. Non sabemos se se debe á interminable crise financieira, á mudanza climática ou a que. O que si é que como moito anda morna. Esta é a conclusión que podemos sacar se nos fiamos do que acaba de acontecer no VI Premio Narrativas Quentes, que convoca cada dous anos Edicións Positivas. Este martes soubemos que o xurado resolveu deixar deserto o certame ao considerar que “as 17 obras presentadas a este premio non acadaron o nivel esixido”. A editorial que dirixe Paco Macías marcara como premio a publicación do hipotético texto gañador. Esta é a segunda vez que o premio, que se convoca cada dous anos e que está considerado como un referente para textos que aborden o erotismo, queda deserto, algo que xa acontecera na edición de 2006.

O premio convocouse por vez primeira en 2002 e gañou naquela ocasión Manuel Lourenzo González co libro Infidelicidades. En 2004 o escritor ferrolán Alberto Momán daba a sorpresa ao se impór coa súa obra O lobo da xente. En 2008 o premio tamén serviu para impulsar a carreira dunha literaria dunha autora máis veterana pero que apenas publicara traballos antes: Chelo Suárez Muíños, que gañou coa obra Os milagros de Cristamar. Na edición de 2010 o premio recaeu en Eva Moreda, pola obra Organoloxía.

11 comentarios a A libido literaria en horas baixas? Queda deserto o Premio Narrativas Quentes

  1. Para facer este tipo de comentarios tan rotundos non estaría mal, creo, que fixerades públicos os criterios que se requiren para ser encadrable unha obra como “narrativa quente”, porque polo publicado ata o de agora como tal non o teño claro…

  2. Completamente dacordo co primeiro comentario. A redacción da nova é lamentable. Simplemente con observar as bases do concurso pódese advertir o gran baleiro que presenta o concurso en si. Quizáis o que falades da crise, motive organizar un concurso (coa publicidade gratuita que este tipo de cousas conseguen) sen arriscarse a publicar nada. Dicir que as 17 obras “non acadan o nivel esixido” seméllame unha afirmación bastante arriscada (ademáis dunha falta de respeito ás persoas que presentaron as súas obras).

  3. A ver, eu creo que o problema é como se di na noticia a crise económica, pero mirádeo doutro xeito:
    1) Se o premio tivese dotación económica non tería ben máis obras presentadas?
    2)Coa que está caendo as editoras en xeral, incluidas as grandes, publican moito menos ca hai tres ou catro anos. Polo que sospeito que vai haber máis certames desertos no futuro.

  4. Non entendo a estévez, Brá e Lucasi. Se o xurado di o que di os seus motivos terá. Se non os sabemos non sei cómo se pode opinar o que se opina. Só eles leron as 17 obras, nosoutros non. Eles saberán o que fan, e a editora por confiar neles. Eles teñen o seu criterio, e deberiamos respetalo. E moito máis cando eles leron e nosoutros non.
    Este certame xa quedou deserto outra vez, non é a primeira. E non vexo onde está esa falta de respeito que di o Brá. Se a eles lles parece así non imos ser nós os que lle levemos a contraria. ¿Que outra cousa podían decidir se non lles gustou ningunha obra?
    Non é a literatura galega abundante en narrativa erótica, polo que non sei cómo pode estrañar tal decisión deste xurado.
    A min paréceme que dignifica ao Premio. Máis decisións coma esta e emllor lle iría ao mundo da edición galega.

  5. Non teño nin idea de como eran os orixinais. Agora ben, teño que dicir que se publica por aí cada obra premiada que “tiembla el misterio”. Por iso, a priori, creo que non ten porque ser mala nova que un premio quede deserto, pode ser unha cuestión de bo criterio.

  6. Para Pepe Lago: eu non discuto o criterio do xurado, simplemente creo que a nova tal e como se publica ten, para min, unha carencia de base: non foron publicados os mínimos para poder dicir se unha obra acada ou non “o nivel esixido”. Eu somente pregunto ¿cal é ese nivel? Por suposto que non me meto na política da editora. De todos os xeitos si podo opinar que algún dos premios anteriores… mellor nin comento. Non sei cantos exemplares venderon (algún comprador compulsivo máis coma min sempre hai, pero…).

  7. Eu non creo en manobras absurdas coma convocar un certame e logo deixalo deserto (o cal implicaría no allo a todo o xurado ou á meirande parte) porque non haxa ou non se queira invertir en premios en metálico ou publicación das obras premiadas. É ilóxico. Outras editoras, institucións ou colectivos sinxelamente deixaron de convocar algún premio que viñan convocando, e punto. Iso é sinceridade. Se non se pode, pois non se pode.
    De literatura erótica non sei dicir grande cousa. Debo levar dentro un Rouco Varela sen eu sabelo, porque o certo é que nunca me tirou. Nunca lle pillei o chiste. Ademais, estamos na era da corrección política, o cal podería implicar notables limitacións á hora de crear algo (que debera ser) tan complexo coma literatura erótica.

  8. estevez ti, como lector compulsivo, debeches ler moitos libros pero coñécese que os libros por ti non pasaron. Ou se cadra pasaron algúns aos que os outros non temos acceso e onde veñen os baremos exactos para medir ese nivel perverso que é a calidade literaria. Ata onde eu sabía, iso era difícil de avaliar máis alá dunha separación primeira e básica entre o que está escrito cunha certa pericia e o que está mal escrito.
    Por outra banda dá para unhas risas a “carencia de base” á que te refires ti na información cando dis que “non foron publicadas as bases”. Pois foi publicado o veredicto, como acontece con todos os premios, e non me consta que os xurados adoiten facer públicos os procesos de “taxación” (por levar a linguaxe ao teu rego) das obras: faise público un veredicto e unha pequena descrición das motivacións desa decisión.
    Aquí semella que a motivación, ben clara, é que “as 17 obras presentadas a este premio non acadaron o nivel esixido”, tal e como aparece entrecomillado na nova para atribuírllo ao propio xurado.
    Sobre graos de calor non vou falar, mais a frivolidade coa que comeza a información nese xogo co nome do certame, seguramente para edulcorar o que remata sendo unha mala nova para a nosa literatura, precisa dun gosto malo para ser virada en crítica á calidade das obras que se presentaran a ese certame.
    Iso avalíao o xurado e, polo que eu teño entendido, non o fan con regras das que traen raias para os centímetros, nin sequera coas que marcan os milímetros…

  9. Di o ESTÉVEZ: “De todos os xeitos si podo opinar que algún dos premios anteriores… mellor nin comento”.
    A min sempre me amolou a xente que fala ou escribe así. Creo EStËVEZ, que deberías dicir títulos, o que queiras; fala sen medo, que non pasa nada. O que non se pode é insinuar sen mentar. CLARIDADE.

  10. Pepe, eu supoño que Estévez non mentará ningunha obra nin certame en particular porque todas e todos lle parecerán máis ou menos o mesmo. De ser así, é unha postura moi xenérica mais, para min, algo de razón leva. Pero isto xa é outro conto…
    Si que dixo algo, empero, que me parece interesante desenvolver. O asunto desa “base”. Deduzo que se refire ó criterio, á “liña” dun certame literario. Se non nacemos onte, ben nos teremos dado conta de que, por moito que nunhas bases diga que se admite calquera tipo de obra (nun formato determinado e dentro duns límites de extensión, se fora o caso), a tendencia, unha vez cribadas aquelas que non semellen escritas cun mínimo de calidade estilística e demais, é a non premiar calquera tipo de obra presentada. Ignoro se é o caso, pero acho que en moitos certames existen unhas preferencias. Non é afirmación sibilina. Hai obras que teñen posibilidades de saír premiadas nun certame e outras que non, por ben escritas a xuízo de cada quen que poidan estar.
    Vén a conto todo isto porque, hai nada, comenteilles algo parecido ós organizadores de certo premio, unha vez vistas as obras premiadas. E é que me pareceu que a liña das obras premiadas non correspondía á imaxe que semellaba amosar o certame. Recomendeilles que, de aquí en adiante, fixesen máis por deixar isto claro: o que queren no seu certame. Non é algo baladí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 14