medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Poetas irlandesas verten ao inglés os versos de cinco poetas galegas

Manuela Palacios (Foto: UVigo)

A editorial Shearsman está na fase final da preparación dun volume coordinado pola profesora de Filoloxía Inglesa da USC Manuela Palacios, no que se verterán ao inglés versos de poetas galegas como Lupe Gómez, Yolanda Castaño, Pilar Pallarés, María do Cebreiro e Chus Pato, dentro dunha edición onde as reescrituras dos poemas son presentadas xunto coa súa versión orixinal e que tamén incluirá versos de poetas catalás e vascas. Unha das particularidades deste volume é o xeito no que os versos das poetas son transferidas á outra lingua, xa que primeiro un grupo de profesores da Universidade de Liverpool fai unha tradución literal ao inglés dende as linguas de orixe e despois un grupo de poetas irlandesas aprópiase dos textos para convertelos en poesía, tamén na lingua de destino.

Precisamente esta interacción entre axentes de diferentes campos literarios nacionais (autoras dos textos orixinais, tradutoras, poetas que reescriben os poemas ao inglés, editoriais inglesa, galegas catalás, vascas e demais institucións) é un aliciente para Palacios, quen confesa que lle interesa “de xeito especial a faceta de traballo feito coa colaboración de moitos axentes culturais”. Detrás desa postura ao respecto do transvase dos textos semella estar unha certa vontade de contribuír á desmitificación da comunicación literaria: “Sempre me interesou visibilizar as condicións materiais da produción literaria e da súa difusión. A poesía non é só resultado da creación individual dun/ha poeta, aínda que esta é fundamental, nin consiste só na íntima comunicación entre poeta e lector/a; a poesía é cousa de moitos e é moi importante evidenciar a contribución e mediación de cada quen”.

Para esta ocasión a editorial que se prestou a publicar a proposta de Manuela Palacios foi Shearmans, un selo que tamén está a preparar unha versión ao inglés de A desaparición da neve, de Manuel Rivas, e que, nos últimos anos, xa incluíra no seu catálogo poemarios de Chus Pato (Charenton, m-Talá e Hordas de escritura) ou María do Cebreiro (Non son de aquí), así como unha antoloxía con poemas de Rosalía de Castro realizada polo poeta irlandés Michael Smith. As poetas vascas incluídas no volume son Itxaro Borda, Miren Agur Meabe, Leire Bilbao e Castillo Suárez; mentres que as catalás son Susanna Rafart, Mireia Calafell, Gemma Gorga e Vinyet Panyella.

Poesía escrita por mulleres galegas e irlandesas
Con esta edición, Manuela Palacios dá un paso máis na conxugación das que veñen sendo as súas dúas grandes liñas de traballo nos últimos anos, como son por unha banda a posta en contacto entre escritoras irlandesas e galegas (Pluriversos: seis poetas irlandesas de hoxe, 2003 e Palabras extremas: Escritoras gallegas e irlandesas de hoy, 2008, Writing bonds: Irish and Galician contemporary women poets, 2009). De feito, moitas das poetas que reescriben neste novo volume os poemas das galegas xa colaboraran nos proxectos anteriores nos que ten participado Palacios, mais ao respecto da relación directa entre as poetas dos dous países confesa que “a barreira lingüística está a dificultar esta dimensión do proxecto moito máis do que eu agardaba”.

Pola outra banda, este volume tamén se encadra dentro da súa liña de traballo no estudo particularizado da literatura producida por mulleres (Creation, publishing and criticism: the advance of women´s writing, 2010) unha liña de traballo que, en palabras da editora do volume “tenta corrixir os desequilibrios tanto internos como externos dentro do campo literario galego na representación das mulleres escritoras”. Palacios volve ir á visibilización da nosa literatura no exterior para procurar un exemplo que ilustre este desequilibrio: “na Nobelbibliotek da Academia Sueca só había obras de Ferrín, Rivas, Casares e Conde, pero ningunha de escritoras galegas, ata que adquiriron a nosa antoloxía anterior To the winds our sails, con poemas de dez autoras”.

Un novo avance na visibilización da creación artística fóra que permite ás nosas poetas poder ser lidas, admiradas, criticadas con ferocidade ou esquecidas con indiferenza por novos lectores: permítelles, logo, poñer a súa escrita a proba fóra e, daquela, existir e contribuír á existencia da literatura dende a que escriben.

Reportaxe de Pablo García Martínez.

Comentario a Poetas irlandesas verten ao inglés os versos de cinco poetas galegas

  1. Pingback: ‘Forked tongues’: un paso máis cara á feira das literaturas todas | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + = 11