medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Miles de folios

Un artigo de Mauricio Delito

Nabokov escribiu en 1940 cen leccións, uns dous mil folios, sobre literatura rusa.  Con iso tivo material para vinte anos como docente de literatura rusa nas  universidades estadounidenses de Wellesley e Cornell. Nas aulas dedicábase a ler o que escribira e despois, ao final do curso, púñalle un exame ao persoal. Didáctica da vella escola. As leccións, e mesmo os borradores dos exames, están recollidos nun libro que se chama Curso de literatura rusa. Hai cousas curiosas aí.

Mauricio Delito

“Teño demasiado pouco de profesor académico como para dar aulas sobre temas dos que non gosto. Ora ben, estou desexoso de desmitificar a Dostoievski”. Nabokov non soportaba  a Dostoievski e non se cansou de lembrarllo aos taciturnos alumnos durante as cen leccións. Tolstoi moi ben, Chekhov, Gogol, Pushkin moi ben…, pero Dostoievski non. Era un bluff: “Non é un grande escritor, senón un escritor bastante mediocre, con destellos de excelente humor, separados, infelizmente, por desertos de vulgaridade literaria, e con monótonas tribulacións (na tradución española  usan a simpática palabra tejemanejes) de personaxes que sofren de complexos pre-fruedianos)” dicía Nabokov. Imaxinade os alumnos e alumnas  o día do exame ante a pregunta única: Dostoievski. Quen os vería  explicando o  dos tejemanejes e  o dos desertos de vulgaridade. Fai graza, pero cando eu estudei literatura galega na universidade de Santiago  e, non hai tanto tempo diso, as cousas non eran moi distintas, aínda que a  xente  que facía as leccións era menos famosa que Nabokov. Un último fragmento: “Os libros de Chekhov son libros tristes para persoas con sentido do humor, é dicir, só os lectores con sentido do humor saberán apreciar verdadeiramente a súa tristeza. Con palabras da rúa, Chekhov conseguía dar una impresión de beleza artística moi superior a de moitos escritores que crían saber o que é a prosa rica e fermosa”.

Os dous mil folios de Nabokov  fíxéronme pensar na operación xudicial Campión. Nos 24.000 folios de sumario que desvelan, por medio de escoitas telefónicas, unha importante  trama de corrupción política en  Lugo  con  relacións co narcotráfico e máis tejemanejes. En  The wire pasaba o mesmo.  The wire, serie inesquecíbel  que me fixo feliz durante o tempo en que a vin e me segue facendo feliz cando a lembro,  usaba o realismo para mostrarnos cunha mirada crítica  o que se esconde baixo a pel  do monstro capitalista.  Os  24.000 folios han de ser máis reais aínda. Podemos estar diante da mastodóntica  gran novela galega do século XXI.  Mais, ai, dubido que  Dorribo  teña o carisma de  Stringer Bell,  José Blanco a risa contaxiosa  de Clay Davis e  o tenente de policía de Lugo a intelixencia e  honradez  do tenente Daniels. E sospeito que os funcionarios do xulgado de Lugo escriben mal, con esa linguaxe xudicial chea de oracións subordinadas e circunloquios.

Nabokov valoraba a beleza artísitica  e odiaba a mensaxe política nas obras de arte, veneno ideolóxico chamáballe. Eu gosto do veneno e da beleza. Que lle dean a Nabokov.  Aínda que  ben, no de Dostoievski coincidimos.

4 comentarios a Miles de folios

  1. Os 24.000 folios da Operación Campeón son literatura por quilos. Aínda que non teñan moita calidade nin estilo seguro que é un material caralludo para que o colla un novelista e faga a gran novela galega do século XXI: farlopa, tráfico de influencias, facturas falsas, cadros de Laxeiro, prostíbulos e coches oficiais. A que carallo esperan os nosos autores, best-seller asegurado. Incluso pode patrocinar a contracapa algunha empresa que traballa para a administración pública. Que pouca visión de negocio hai no mundo literario deste noso país!

  2. The wire, serie xenial, bo modelo a seguir para un pedazo de novela luguesa. E xa de paso meter un proxeneta ou sicario do leste, ben ruin -algún haberá, ho- que se chame Nabokov.

  3. Artur, leva razón en que neses tropecentos mil folios hai tema para unha novela “top”, que diría José Mourinho. Agora, eu estas cousas míroas con certa reserva. Onte estiven vendo un anaco de Matalobos, na TVG, e nunca me gustou a traslación dese tipo de temas á pantalla, porque semella conlevar unha boa dose de poses de malo risibles e moito sensacionalismo. Para falar do marxinal e do criminal, penso que o mellor é o estilo do polar francés tipo J. P. Manchette.

  4. Non teño nin idea de quen é Manchette, pero tomo nota para ler algo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 7