medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Citizen Total, do Grupo Chévere

Un artigo de  Carla Capeáns

Citizen fala da construcción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade como se fose un culebrón. Citizen é unha historia de ficción baseada libremente nun personaxe real: A.O. A historia do seu triunfo serve para expoñer o impacto da globalización sobre as nosas formas de vida e sobre este curruncho que seguimos chamando Galicia. O triunfo dun individuo e o fracaso dun pobo?” (Grupo Chévere)

Citizen Total, de Grupo Chévere

– Autoría: Manuel Cortés

– Dirección: Xesús Ron

– Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos

“Cítizen Total” é unha triloxía sobre o imperio téxtil de A.O. feita en tres episodios que se estrearon ao longo do 2010 e 2011 na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Está nomeada aos XVI Premios María Casares 2012 nas categorías de mellor espectáculo, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista, mellor dirección, mellor texto orixinal,  mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor escenografía. Con este espectáculo, o Grupo Chévere acadou o Premio da Crítica Galicia 2011 ademáis de ser o espectáculo con máis votos na Rede de Teatros Alternativos.

Carla Capeáns

“Citizen 1” desenvólvese no ano 1975 e ten como marco principal a morte de Franco. Nesta fase do espectáculo combínase o texto e a palabra con cámaras de vídeo que gravan en directo o que está a acontercer e que mostran realidades opostas ou contradictorias. Abórdanse entrevistas entre os dous personaxes do episodio dende puntos ópticos distintos. Os actores sitúanse no encenario nunha posición corporal contraposta mais coa axuda das cámaras o público pode contemplar a escena dende outro punto de vista. É interesante dende o punto de vista técnico pois axuda a manter un ritmo correcto da peza e mantén a atención do público sempre e cando non se exceda a acción no tempo. O inicio do espectáculo, dende o prisma do espectador é impactante pois os actores rompen a cuarta parede e diríxense directamente ao público das butacas. Non é esta a única ocasión na que se rompe esa cuarta parede; en xeral o espectáculo sae e entra do escenario e iso axuda positivamente a manter unha atención, a romper un horizonte de expectativas. Outro dos puntos clave deste episodio son os “elementos escenográficos” ou conformación do espacio escénico. O chan semella un plano, unha cuadrícula que os personaxes/actores van modificando segundo conveña. Así mesmo, unha das escenas principais desta fase, a do primeiro encontro entre A.O. e Sara exponse dun xeito pouco convencional. Os actores/personaxes, coa axuda dun xiz escriben no chan as accións a realizar polo personaxe. Afróntase a situación dende un punto de vista lúdico, cómico e ao mesmo tempo intenso. Outra das escenas máis importantes e delicadas da peza é sabiamente afrontada pola boa interpretación de Patricia de Lorenzo. Descríbese o acto sexual que Sara mantén con A.O. dun xeito natural, cotián e ao mesmo tempo moi próximo, sen caer en estrionismos. Outro dos elementos clave, por así dicilo é a gravadora que leva baixo o brazo o personaxe de Sara e que serve para gravar “aparentemente en directo”. Esto é unha arma de dobre fío porque como efecto ou imaxe é moi potente pero ao non ser unha gravación “real” perde credibilidade para o espectador. Técnicamente é moito máis sinxelo reproducir unha gravación previa, limpa, sen erros nin risos dos espectadores pero esteticamente non parece o máis correcto. Ao remate da peza incorpóranse os personaxes do vindeiro episodio formando unha imaxe a luz tenue que serve como fío conductor entre ambos episodios.

Se en “Citizen 1” acadaba unha maior relevancia a palabra, o texto e os medios tecnolóxcos, en “Citizen 2” o núcleo e o fío conductor é o corpo. Sara continúa a narrar a súa historia, pero desta vez no marco das cooperativas e a man de obra feminina que a partir dos anos oitenta axudan a erguer o imperio textil de A.O. Un traballo duro, en cadea, sen espazo para a creatividade: así era o traballo das costureiras do taller de confección de Sara. Entran en escena as máquinas de coser “Refrey” e a historia de cada unha desas mulleres. A escena desenvólvese ás costas do público. Esta imaxe que de primeiras pode chocar ao público ten un porque: durante o periodo de investigación e traballo, ogrupo Chévere visitou cooperativas nas que aínda se seguía a coser. Na meirande parte das cooperativas visitadas, as costureiras estaban de costas á porta de entrada. O que primeiro vía o visitante eran mulleres de costas, debruzadas sobre unha máquina de coser e coa radio acendida. Trasladan esa atmósfera silandeira e solitaria ao espectáculo con gran mestría. Os selencios son accións que manteñen ao público nunha actitude de reflexión. A frustación foi asolagando o taller ata chegar á morte. Coreografíanse os movementos dos personaxes como símil dese decaemento. Se ben é certo que todo o episodio conta con imaxes potentes e sempre xustificadas (algo moi importante dende o punto de vista teatral) ás veces rómpese o ritmo ao introducir escenas ou intervencións pouco axeitadas.

O punto máis complicado alcánzase coa terceira parte deste episodio denominado “Citizen 3”. Trabállase coa actualidade, coa economía máis viva e coas consecuencias da globalización. Dende o meu punto de vista esta é a fase do espectáculo menos atractivo e menos produtiva teatralmente falando. Aínda que se viu modificada dende a súa estrea na Sala Nasa, segue sen chegar ao público. Empréganse as máis actuais tecnoloxías, como poden ser os ordenadores ou a tan popular “wiii”. Péchase esta terceira parte e o espectáculo final cun coloquio cos asistentes rompendo de novo a chamada “cuarta parede”.

Deste espectáculo destacaría o traballo de Patricia de Lorenzo que sabe atraer o público con esa presenza escénica e vitalidade que a caracteriza. Manuel Cortés  destaca pola sutilidade que experimenta co seu personaxe A. O. É palpable (e digno de envexa) o aplomo e a seguridade que mantén sempre en escena. Miguel de Lira afronta correctamente o papel do Padre Sergio pero non traballa a curva melódica e decae nun soniquete que rompe co seu ritmo interno. Outra das interpretacións a destacar é a de Mónica García que coa súa naturalidade, potencia e vitalidade escénica logra eclipsar nalgúns intres á actriz protagonista.

Carla Capeáns

3 comentarios a Citizen Total, do Grupo Chévere

  1. Eu creo que no recurso de poñer ás costureiras de costas ás portas deberían representalas atadas a unha cadea como vacas frisonas. Así lembrariamos que hai imperios que se teceron a base de horas e horas de mulleres que cobraban, no mellor dos casos, o salario mínimo.

  2. Concordo co aplauso ao traballo de Patricia de Lorenzo.

  3. Pingback: As crebas » Pelos na lingua, de Talía Teatro, Mellor Texto Orixinal en Galego nos XVI Premios de Teatro María Casares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 13