medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Celia Parra fai arpexios coas iscas da súa poesía

A poeta ourensá Celia Parra mantén dende o seu blog (abro paréntese... o que ela definía na entrada introductoria deste proxecto, alá polo mes de novembro do ano pasado, como un exercicio con vontade de converterse “nunha serie máis ou menos periódica de audio-poemas”. Dende aquel suxerente Descapotable van xa varias entradas tirando proveito das aulas da Facultade de Comunicación de Compostela para misturar o seu recoñecido apego á construción de versos coas posibilidades que lle ofrece a experimentación formal na mistura da súa voz coa música.

Celia Parra

Celia Parra /Foto de Xesús Fariñas Navarro

Semella que Parra está a tirar proveito da súa experiencia académica na licenciatura en Comunicación Audiovisual, pois confesa que este novo proxecto xurdiu no medio do traballo “nunha materia sobre Banda Sonora e Tratamento do son, na que empregamos un programa de edición de audio que me chamou moito a atención”.

Ao preguntarlle sobre o estalido da pulsión que a obrigou a musicarlle os trazos aos seus cadernos de poesía chama a atención sobre a importancia da oralidade na poesía: “as palabras non so están aí para seren lidas, hai unha maxia especial que se desprende ó escoitalas” e recoñece o diálogo desta súa nova proposta artística co traballo feito por xente como María Lado, co seu Berlín musicado por Fanny e Alexander, ou os audio-inventos de Carlos Santiago.

Coa apertura desta nova etapa na súa formación como artista Celia Parra métese de cheo nun proceso creativo máis esixente, no que asume por completo o complexo exercicio que supón a posta en contaco de soportes diferentes coa idea de facelos converxer nunha única mensaxe. A base da adicación a este proceso de reflexión formal está, nunha grande medida, na dimensión lúdica para alguén que se sinte mellor cando lle da forma con poesías ás palabras que lle ferven dentro xa que os audio-poemas supoñen para el “novas vías para experimentar, crear e, ó fin e ao cabo, xogar”.

Parra recoñécese consciente do enriquecedora que está a ser esta nova fase da súa formación artística tanto no que se refire aos procesos técnicos (“Para min é un proceso moi divertido: encántame argallar e compoñer a base musical, ir seleccionando efectos e instrumentos, pequenas pezas do crebacabezas, e ilas dispoñendo de maneira que formen unha mestura compacta”) como á súa capacidade para dominar o efecto da obra de arte, aquilo que Horacio Quiroga ou Poe chamarían, para referirse ao conto, a súa dimensión de artefacto: “axuda á transmisión da intención e o sentido, e tamén do estado de ánimo ou efecto que o poema “pretende” causar”. Finalmente, segue a haber centros educativos merecedores de que un señor maior diga que a súa neta vai na escola.

Unha información de Pablo García

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 7