medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Brasil unha oportunidade tamén para a nosa literatura?

A literatura non sabe de fronteiras e a boa menos. Nun momento de crise económica e tamén de formatos (a convivencia entre os libros tradicionais e e os electrónicos comeza a ser unha realidade ineludible) os sistemas literarios buscan saída para a súa produción.

Vista panorámica de Rio de Janeiro

As discusións sobre a internacionalización da Literatura Galega pivotan case sempre cara o mercado lusófono (por razóns lingüísticas e culturais) e cara o mercado hispano (por razóns de proximidade). Mais é certo que, pese a bos intentos e algúns logros notables, as letras galegas, inmersas nunha cultura minorizada, cústalle romper o círculo.

Mais o certo é que para o fortalecemento dunha literatura como a nosa é imprescindible redobrar os esforzos en conquistar novos mercados. Temos obras e autores con cualidade máis que contrastada agora falta poñer os mecanismos para lograr exportalos.

Un exemplo do esforzo de internacionalización podémolo ver nos últimos dous anos en Portugal. O pasado mes de febreiro o Jornal de Letras, Artes e Ideias publicaba unha extensa reportaxe sobre como as editoras portuguesas paliaban o forte descenso de vendas que sofren no seu país poñendo os ollos en Brasil.

A diferenza de Europa, a economía brasileira segue a medrar a bo ritmo e a demanda de libros crece nun enorme país que, cada vez máis próspero, conta con moitos millóns de potenciais novos lectores. As editoras lusas subliñan nesta información que o recibimento está ser excelente: “Temos sido muito bem recebidos, quer pela crítica, quer pelos leitores, quer ainda pelos pares”. A isto súmase un goberno que nos últimos anos ten multiplicado o investimento nas áreas de Educación e Cultura.

Quen sabe se a nosa literatura non está a perder unha inmellorable oportunidade de internacionalización en Brasil?

Podes ler aquí a reportaxe de Luís Ricardo Duarte: Para o Brasil, com livros

 

4 comentarios a Brasil unha oportunidade tamén para a nosa literatura?

  1. É tema vello. Sei que non fago amigos falando con sentidiño, pero coido que é preciso darse conta de que, para que a literatura galega se acepte de xeito xeralizado alá, moito haberá que cambiar. Nótese que, tanto para os máis dos portugueses e brasileiros, o galego semella ser portugués mal falado, e Galicia, de parte de España, sen máis.

  2. Hai escritores galegos que presten hoxe atención á relación con editoriais em língia portuguesa?

  3. O Carlos Quiroga trunfou en Brasil, non?

  4. Non lle sei, Anton73, se trunfaría aló. En todo caso, Quiroga, se non me trabuco, escribe en reintegrado, isto é, en galego non normativo. O galego normativo, e con isto aclaro as dúbidas de bientelosé (malia que fose a súa unha pregunta retórica, supoño), non creo que teña cabida en Portugal ou Brasil. O primeiro que un editor de por alá vería ó recibir un manuscrito en galego normativo é un manuscrito nunha lingua distinta. Aínda que o entendera, tería que pensar nos seus lectores, e non está claro que os lusofalantes gusten moito do galego. Ademais, habería que traducir e non lle sairía a conta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 18