medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Agora os homes xa fan de todo

Un artigo de Isabel G. Couso

Non vai alá moito tempo, polos días da matanza, tiven ocasión de partillar unha conversa reveladora cunha avoa dos Ancares.  Manuela Dacal, do Barrial de Arriba, na parroquia de Guimarei, sentenciou, como quen non di cousa de importancia: “Agora os homes xa che fan de todo… (pausa valorativa) …mesmo lle dan de comer os fillos e os levan ao colexio”.

Nos tempos en que se mesturan nos enganosos e malintencionados discursos conceptos como “violencia estrutural” ou “sexismo lingüístico”, Manuela mudou o punto de apoio do compás e levouno cara a verdadeira realidade. Isto é: os homes agora xa fan de todo; as mulleres fixérono sempre.

Imaxe do grupo Leilía

Vén isto a conto dunha recomendación musical, mais tamén en resposta á fartura de termos que escoitar nestes últimos días, por mor do Día da Muller, centos de mensaxes baleiras, ofensivas mesmo, procedentes do máis común androcentrismo, mais engalanadas cunha suposta defensa da Muller (que non feminismo) que a converten en falso sinónimo de vítima.

O consello musical non é outro que o do último disco de Leilía, Consentimento. Un exemplo de todo o contrario ó que veño contando, de valorización da Muller como suxeito, como verdadeira protagonista. Adícanlle este traballo a Eva Castiñeira, unha muller, pandereteira e fonte de cantigas, “agochada na sombra”, que gardaba na memoria eses tesouros vivos en forma de repichocas. A esta Eva e a tantas outras “que amosan a sabedoría dun pobo”, Leilía (Rosario, Patricia, Mercedes, Felisa, Montse e Ana) ofrécenlles todo o seu Sentimento.

Coas súas melodías, debedoras do pasado, Leilía reinventa unha vez máis a música tradicional. En Consentimento deixan á marxe aqueles versos máis propios doutro tempo, nos que as veciñas (na súa intrínseca calidade de mulleres) andaban a murmurar o que se facía entre as viñas ou nos que tiñan que ter boa conta do que puidera pasar na eira do trigo. Con letras de Mariña Pérez Rei, Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Marilar Aleixandre, Ana Amado ou Eva Veiga, Leilía proxéctase nun presente e nun futuro no que os homes xa fan de todo e as mulleres, en troques de vítimas, somos independentes, activas e combativas.

4 comentarios a Agora os homes xa fan de todo

  1. Adiante con Leilía! Xa me tarda en escoitar este traballo. Obrigada polo artigo. Eis a clave: independentes, activas e combativas…

  2. Algo que creo que a meirande parte das mulleres non fixeron ó longo da meirande parte da historia foi levar o peso da responsabilidade última(léase en cursiva) sobre os seus ombreiros. Como individuos ós que non se tomaba en serio para levar a vaca polo adival (en público; moitas conselleiras de porta para dentro de reis e mandatarios houbo e seguramente haberá), era frecuente que unha muller, á hora de actuar, contase coa protección, en último caso, de seu pai, de seu irmán, de seu mozo ou de seu marido. Un home non tiña, en troques, máis protección que os propios nefres, para que llos partiran. Sería interesante ver que tería ocorrido se desde o primeiro momento da historia as mulleres tiveran levado ese peso. Probablemente esta imaxe que pretende darse da muller como criatura elementalmente solidaria e ben intencionada sería imposible de crer.

  3. Fermoso e acertado artigo este. Mais non concordo, querida María Isabel, no de que “nun presente e nun futuro no que os homes xa fan de todo e as mulleres, en troques de vítimas, somos independentes, activas e combativas”, xa que, de seren os tempos que corren deste xeito e semellante afirmación acertada, de non seguiren as veciñas a murmurar. A conto de qué viría escribir este artigo? Non, María Isabel, non, os tempos non son chegados…

  4. Equivócaste, Minigüini. Os tempos si son chegados. O motivo polo que este artigo é preciso é porque moitos homes e mulleres aínda non o percibiron…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 4