medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

0 atención

Un artigo de Vidal

(Este artigo ía ser a miña primeira colaboración nesta sección, mais no seu momento decidín dar preferencia á actualidade. Non me dei conta, daquela, de que o tema do que trata nunca remata de caer fóra da actualidade neste mundo da internet.)

Téñome decatado, mirando blogs, foros e demais espazos de opinión na rede, de algo curioso. Entre as respostas que recibe unha postaxe, non é raro que aparezan, por unha banda, unha ou dúas que atraen decontado a atención do resto de visitantes que escriben ou deixan constancia da súa presencia. Pola outra banda, entre as restantes réplicas, se ben con menor frecuencia, pode aparecer unha, que non alude ás réplicas “protagonistas”, senón á postaxe principal. Esta réplica solitaria non adoita merecer sinal ningún de atención por parte dos visitantes da páxina. Nin unha mención, nin un gracias, nin un like, nada. O autor da postaxe principal tampouco amosa maior interese. Como moito, esa réplica solitaria recibiría unhas poucas lecturas superficiais.

Vidal

Vidal

Sen embargo, e para o meu gusto, esa reflexión que recibe cero comentarios, cero atención, cero nada, lonxe de merecer tal indiferenza, en máis dunha ocasión resulta máis cabal, enxeñosa ou elegante cá meirande parte das outras, ou ca todas elas. En cambio, polo común ó que atrae a atención dos visitantes, se ben me parece chistoso ou incisivo, non lle acho grande cousa de particular.

Estas diferencias lémbranme ás que existían, hai bastante tempo xa, entre certos candidatos electorais. Uns, metódicos e contidos, expoñían os feitos e os seus plans de actuación; outros non revelaban unha soa liña do seu programa e cubrían tal baleiro con chanzas, peteiro e puñadas no atril. Eran estes últimos os que remataban gañando as eleccións, naturalmente. Tanto as xerais coma as autonómicas, que Galicia é atlántica por situación xeográfica e (cada vez menos) por clima, pero mediterránea para todo o demais. En fin, de calquer xeito, é cousa do pasado. Non hai xa líderes políticos coma os descritos. Os que coñezo dos de hoxe amosan moita menos sensatez e agudeza e máis acartonamento e impersonalidade. Teñen gusto a cocidos sen sal.

Non sei se algunha vez na historia da humanidade a voz máis potente da tribo foi tamén a que pronunciaba as palabras máis asisadas, transmitidas polo cerebro mellor dotado. Do que teño a impresión é de que, para ser líder da tribo hoxe, a baza gañadora é dispoñer das mellores cordas vocais, e punto. E de que, con tal que saiban xerar un son estimulante, non importa un carallo o significado que tal son poida ter. Mesmo é igual que reproduzan o que un mono tecleou ó chou nunha máquina de escribir ou, como lin por aí no que chaman redes sociais, fagan coma Shakira co Waka-Waka, que disque no sitio de cantar se limita a recitar nomes de pokemons. Hoxe, o frautista aquel perdeu certo encanto, si. Adaptado ó tempo presente, toca o instrumento coas pousadeiras. E que cona, funciónalle o mesmo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 15