medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Unha alternativa á crise, o comunitarismo

Un artigo de Paco Macías

Levo anos buscando o libro Rio de Onor, comunitarismo agro-pastoril, de António Jorge Dias, publicado por primeira vez en 1953, e non o dou atopado. Quero fotocopialo para lelo, para telo, e porque me gustaría que se reeditase. Pois si, nunca o lin. Pero oín falar tanto del que case sei todo o seu contido.

Paco Macías

Para ser sincero, direi que o coñezo porque vivín, no Bierzo, nunha comunidade comunitaria agraria, pastoril, á semellanza de Río de Onor. Sei que o esquecemento e ocultamento deste libro ten motivos ideolóxicos. Os mesmos que fan que a política actual silencie o común, o colectivo, unha desas expresións libertarias da vida.

Teño case coma un templo ao Museu do Comunitarismo, de Vilarinho da Furna (lá no Gerês). Aínda que me amola esa museilización, compensada polo saudoso e animado guía que non dubida en falar pestes das “modernas” formas individualistas actuais, valoro que sirva de aguillada para desmitificar o progresismo dos últimos tempos. Afirma o guía que no comunitarismo está unha inspiración para afrontar os novos tempos.

E engado eu que para os galegos non sería difícil, pois eramos ate non hai moito un pobo comunitario. O comunitarismo estaba, e aínda está, enraizado en todos nós. A compartir, a colectivizar estamos afeitos. Hoxe compartimos montes, mares. Colectivizamos traballos, compartimos decisións entre iguais, como, por exemplo, nas comunidades de veciños. Son innúmeros os exemplos.

Compartir é implicarse..

Veño de saber que o António Jorge Dias foi profesor, alá polos anos 50 do século pasado, en Santiago. Daquela, ¿gardarán as bibliotecas santiaguesas o Río de Onor… do Dias?

9 comentarios a Unha alternativa á crise, o comunitarismo

  1. Unha vez máis coincido con este paxaro.
    Porque ten razón. En Ponte de Lima semella que están dacordo co que di o Paco Macías. Vede a noticia neste enlace:
    http://www.caminhense.com/detalhe.php?id_noticia=1407, e que aparece no xornalagrariogalego (no facebook).
    Ten razón este articulista. No comunitarismo desaparece a autoridade, os políticos profesionais teñen popuco que rascar. ¿Será por iso polo que se oculta este sistema de goberno tan abundante en Galicia?

  2. Sobre libro de Dias, non sei se mirou xa aquí:

    http://www.babellibros.com/libro/rio-de-onor-comunitarismo-agro-pastoril_L4170100020

    Se non, coido que o teñen en certa biblioteca australiana, se gusta de viaxar.

  3. Pois amigo Vidal. Acabo de mercalo nese enderezo que vostede me deu. Non sabe a alegría que me deu. Cando o reciba notificareino.

    Saúde comunitaria.

  4. Pois espero que lles quedaran máis, por se o señor Macías o quería mercar tamén. E se non, coma nas universidades, tránsito de fotocopias.

  5. Pois este cabronazo do Pepe Lago debeu adiantarse porque resulta que chamei á libraría esa de Granada e dixéronme que venderan onte o último. Por un lado alégrome de que haxa interese, pero por outro xa me amola que me teña que tocar a min.
    Seguirémolo intentando.

  6. É raro que non quedaran máis exemplares; disque a edición é de 2005. Mandeille a través da web de Positivas un enlace para outra libraría. Non parece estar en stock, pero sempre se pode preguntar.
    De tódolos xeitos, e por se acaso, sería todo un detalle por parte de Pepe Lago ir acendendo a fotocopiadora.

  7. A min pasoume como ao Paco Macías, tampouco o tiñan. Así que, señor Macías, esta vez, lamentablemente, non fun un cabronazo.

  8. Xa localicei dous exemplares en Santiago (prefiro este nome que o de Compostela, prefiro o nome dun tipo, aínda que fose un zoquete, que chamarlle á miña cidade “gran cemiterio) así que en pouco tempo será compartido con todos.

  9. O Jorge Dias é tamén un dos protagonistas deste libro do André Gago, o “Río Homem”.
    Védeo neste vídeo:
    http://ler.blogs.sapo.pt/708325.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + 3 =