medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Queremos cabrito

Roberto Noguerol

Roberto Noguerol

Un artigo de Roberto Noguerol

En días recentes tocoume en conversa, con perplexa resignación, defender da necesidade das festas diante de interlocutores ávidos en austeridades. Estes días de recortaduras e rixideces por decreto son moi dadas a facer abrollar os máis apocalípticos defensores dunha vida exenta de relaxacións e divertimentos.

Tamén me tocou en conversa defender os sindicatos en tempo onde mesmo hai xornais que retratan con severo reproche na súa portada a sindicalistas que atreveron tomarse unha caña e unhas tapas logo dunha manifestación. Os máis reaccionarios gozan moito vendo esmorecer as clases medias xa que seica o traballador medio debe ser un asceta por lei e non permitírselle máis alegría que a de mercar uns décimos de lotaría polo Nadal e vivir a ilusión de ‘comer carne’ con regularidade.

Prestaríame obrarlles un argumentario ben cosido de números, que lles explicase que as festas contribúen ao estímulo económico da sociedade e que arredor delas se move moito carto animando o asunto de alegrar o bandullo e o espírito. E tamén me prestaría estenderme en datos para explicarlles como o sistema ‘mexaría’ case literalmente por riba dos dereitos dos traballadores se quitásemos os sindicatos da ecuación. Pero todo iso xa o teñen claro, eu sonlles moito de obrar con letras e, ao cabo, isto é unha revista ‘cultural’.

Sexa como for, o sarabullazo que lles causa a algúns os sindicatos e a festa a outros e aos mesmos, vén de inspiracións parecidas. O traballador que máis lles presta é o autómata que non aspire a moito máis que comer, cagar e durmir (e circunstancialmente reproducirse para fabricar outros autómatas: iso si, a poder ser que non gocen moito no lance reprodutorio e sendo o caso que vaian máis tarde a misa para confesalo).

O verbenorio e a troula seica son defectos a combater. E a xolda e a esmorga fraquezas humanas a extinguir. Nestes contextos anímase a ver con simpatía a supresión de festas e doutros vicios da cultura popular relacionados coa folganza como son todo tipo de eventos da arte en xeral ou da literatura en particular. Por extensión, calquera outro músculo que cubra o óso da democracia é elemento inútil e vese con rigorosa indiferenza o esmorecemento ou desaparición de xornais, editoriais ou linguas propias.

Os veciños dun recuncho ourensán tivérono claro hai pouco cando o concello decidiu suprimir a festa do cabrito (mellor suprimir en festas que en servizos sociais, argumentaba o alcalde). O caso é que a veciñanza decidiu autoorganizarse para celebrar a festa. Un exemplo de que, á fin, a burocracia non pon nin quita festas, aínda que poida pagalas se se tercia. Só é querer, ter vontade e autoorganizarse: Porque se os veciños queren festa, ou cabrito, teñen pista aberta. Quen di festa, di un xornal, ou di cultura ou outros vicios.


Así nos conta Roberto Noguerol sobre el mesmo.

8 comentarios a Queremos cabrito

  1. Subscribo todo -case- o que se di neste artigo. As festas son necesidade, non azar. Por tanta escaseza de traballo remunerado quérenos facer tamén renegar do lecer. Só unha pequena cousa que apoñer ao que se di aí arriba: dáse a entender que os números non teñen que ver, ou non tanto coma as letras, coa cultura. Aí si que non. Teñen, e moito. Para empezar, non é ista unha revista dixital?

  2. Razón non lle falta, Roberto. No asunto das festas, doulla ainda sendo, como son, pouco festeiro eu. Pouco mediterráneo, talvez. (Porque Galicia é moi mediterránea; falo algo disto no meu próximo artigo).
    O ataque ós sindicatos é algo típico dos gobernos que queren o control total da clase obreira, que case sempre é a maioría. Aínda que moitos sindicatos están cavando a súa propia tumba, ó depender tanto do Estado. Vén ser algo así coma se os ladróns financiaran a policía.

  3. ben puntualizado Cris,
    nunca me gustou esa artificial contraposición que se deu en facer entre as “ciencias” e as “letras”. Tratarei de non contribuír a iso. un saúdo

  4. toda institución vive co tempo a súa transformación, os optimistas pensamos que sempre para mellor, non é? Por certo, eu tamén lle fun máis festeiro do que son, pero seguro que todos somos festeiros, aínda que cada quen ten o seu xeito e momento de vivir a festa 🙂 un saúdo Vidal

  5. Non te coñecía co corpo así revirado…tes que desculpar, cabrito.

  6. Magnífico este artigo.
    Xa o Paul Lafrague, no seu “Dereito á preguiza” (Edicións Positivas) falou hai tempo destes asuntos. E el, como xenro que era de Carlos Marx, sabía de que falaba.

  7. Sonche moito de volta, revolta, reviravolta. Saúde Suqui!

  8. dende logo Pepe, cumpría citar máis a Lafargue nestes tempos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 9 =