medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Heroes

Un artigo de Diego E. Barros

A vida era máis sinxela véndoa pasar a través da pantalla do televisor do bar de Gago. Dentro da caixa Indurain semellaba eterno mastigando un chapapote que logo cuspía sobre os cadáveres dos demais corredores camiño do cumio do Tourmalet. A verdade faravos libres dicían os libros sabedores de que a máxima teórica non é aplicable á vida cotiá onde, a cada día que pasa, cúmprese a lei de que a ignorancia nos fai felices. O ciclista navarro é un dos heroes, non o primeiro, que gardo nesa maleta sentimental que todos portamos para ben ou para mal. Daquela, a vida era sinxela por ignorancia e a ninguén se lle ocorría poñer en dúbida o corazón de vaca con que a natureza tivo a ben de dotar ao corredor de Banesto. Matar heroes é dramático polo que ten de perda de inocencia. Hai heroes de moitos tipos pero todos coinciden en morrer de dous xeitos: de morte morrida ou morte matada. A min os escritores mórrenme de morte morrida, mentres que son os deportistas os que prefiren ultimamente a morte matada. Alá foron por exemplo Mailer, Delibes, Hitchens ou Wislawa Syzmborska, a derradeira en gravar o seu nome no clube dos poetas mortos. Hai mortos aos que a morte lle senta tan ben que até dá arrepíos pensalo. Céline, un tipo insoportable até para os seus propios compatriotas pero que nos ensinou que a literatura colle nunha viaxe á fin da noite, segue a ser incómodo até nos cabodanos da súa desaparición. Agora, mal que nos pese, co pasamento de Fraga temos que recoñecer que todo era mellor cando viviamos contra el. A historia repítese, segundo Marx, dúas veces. A primeira como traxedia e a segunda como farsa. No caso de Indurain a farsa chegou o sexto ano da man dun

Diego E. Barros

dinamarqués de nome Riis que despois saíu ra pero o mal xa estaba feito. Aínda que de xeito natural, moitos tivemos que soterrar a un dos nosos heroes particulares.  Despois de Indurain o ciclismo vive instalado na farsa perpetua incluíndo a ditadura de Armtrong ao que, por iso de seren norteamericano, lle aplicamos a lei de don´t ask don´t tell.  Nun Estado como España, que adoita a vivir na beira do abismo e a cortarse as veas cada cinco minutos, o deporte segue a ter función terapéutica. Pan e circo. En tempos convulsos o circo é de vital importancia para conter a unhas masas faltas de pan e, por iso, cando até o circo se ven abaixo non queda senón apelar aos máis baixos instintos aínda que sexa vía titulares de Marca.  O caso Contador, derradeiro heroe vítima dunha morte matada, é o que están usar os medios galos e españois. Os primeiros para espallar a dúbida sobre a totalidade dos heroes deportivos e lembrar que África comeza nos Pirineos. Os segundos, por se a ditadura económica e os aplausos de xornalistas, familiares e amigos ―ultimamente é difícil distinguir― na rolda de prensa do ciclista de Pinto non o deixaran suficientemente claro, para certificalo. É fodido ser francés e non gañar nada (salvo accidentes) desde que a turba tomou a Bastilla pero a contestación vía Santiago y cierra España non fai máis que constatar a gran farsa na que mutou a historia que todos vivimos desde hai tempo.

Quero saber máis de Diego E. Barros

3 comentarios a Heroes

  1. Pingback: Heroes | Contraportada

  2. Estraño (coma calquera día da vida de calquera), pero certo: a alternativa á realidade vén sendo a recreación artificial da infancia, por feliz ignorancia.

  3. Corren tiempos de antihéroes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 8