medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

As letras combinan ben co vermú

Mari Carme Fernández regresou de Venezuela e decidiu dedicarse ao que máis lle gustaba: a literatura. Canda si traía a experiencia de coordinar o Centro Cultural de Caracas. “Cando voltamos a idea miña eran os libros. Coñecía de primeira man o mundo pero non o negocio”. Así naceu A Libreira.

A Libreira

Esta libraría non se atopa en ningunha rúa céntrica de calquera das sete principais cidades do país. Hai dez anos, Mari Carme decidiu erguer un facho de cultura no mesmo sitio onde vivía: No cinturón obreiro da Coruña. Máis concretamente no Temple (Cambre).

O Temple, a 8 km da Coruña, era a principios dos anos 80 unha parroquia eminentemente rural con pouco máis de 1.000 habitantes. Mais a finais desa mesma década comezou a súa explosión urbanística, que se acentuaría nos anos 90. Centos de familias, sobre todo mozas, buscaban pisos asequibles. Hoxe aquela vella parroquia é un barrio máis da área metropolitana coruñesa que conta con máis de 9.000 veciños.

O Temple creceu moito e nós pensabamos que podía ser necesaria unha libraría no mesmo sitio que viviamos”. Mari Carme afirma con orgullo que vive nunha “aldea urbanita”. Aínda así recoñece que sacar adiante o negocio é moi complicado.

Para dinamizalo, A Libreira tira de innovación. Dende 2010 esta pequena libraría do Temple organiza os chamados “Vermús Literarios”. Nada máis e nada menos que presentación de libros con aperitivo. Os autores falan dos seu libro e logo, á calor dun pincho e dun vermú, o público intervén e, case sempre, acaba comprando o libro como prato forte.

Polo local xa pasaron autores como Manolo Rivas, Diego Ameixeiras, Rosa Enríquez ou Suso Cubeiro. Este sábado, día 11 de febreiro, tócalle vez a Alberto Momán que presenta o seu último libro de poemas: Os quilómetros que percorremos dende aquela. Quen se queira animar que tome nota: ás 13.30 horas. Como din os da Libreira “ Falaremos de literatura, arte e o que nos pete a carón dos libros e mollando a palleta”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 13