medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Amplíase un mes o prazo para a recepción de poesías

Neste martes de entroido os peóns do trazo viramos comprensivos e, considerando o aumento de poesías recibidas nas últimas semanas malia a falta dunha promoción máis constante para a iniciativa, decidimos ampliar un mes a recepción de textos para o libro colectivo de poesía coa idea de que non quede ninguén fóra por non se ter enterado a tempo. É o que ten a autosuficiencia tendente a nada, que nela colle a comprensión.

Así, considerando que a nosa idea segue a ser que o libro de publicación colectiva estexa listo para o tsunami (que diría Arturo Casas) que cada ano asola a nosa literatura a mediados de maio, mantéñense o resto das condicións iniciais, que podedes consultar no seguinte link:

Precísanse poetas, razón aquí mesmo.

Dende Letra en Obras queremos animar aos nosos lectores a participar na elección do título do libro de poesía colectiva, pois é esta aquela parte do proxecto onde estamos a ter menos participación. A letra sen folgos non camiña, compañeir@s!

Comentario a Amplíase un mes o prazo para a recepción de poesías

  1. Pingback: Como lle chamamos ás palabras que non están domesticadas? | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 17