medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Amodiño vívese mellor

Un artigo de Albert Tortajada

Estou tratando de escribir unha novela.  Aproveitei que me botaran do choio hai mais dun ano para facer algunas cousas que tiña na cabeza, esa que non para, e que nunca daba adiantado, enganándome a mi mesmo co manido cando teña tempo.   Agora, un parado máis, xa o teño.

Os que me coñecen saben que me gusta contar historias.  Pero descubrín que unha cousa é contalas e outra, bastante diferente, poñelas nun folio detrás doutro, nunha cantidade respetable para configurar un libro.

Albert Tortajada

Escribir, xa o facía no blog.  Vivencias ou anécdotas curtas.  Tres follas, como máximo. A historia de Nuno, o panadeiro que rematou traficando con outra fariña, leva duascentas oitenta e vai pola metade.   O de escritor é un oficio que require enxeño máis talento.  Pero tamén disciplina de traballo, sobre todo se non tes moito talento.  Non sei por que, alguns destes días acordeime de Fraga.  Non o coñecín e cando cheguei a Galicia, hai oito anos, estivo pouco como Presidente, así que case todo o que sei del, é o que me contaran.  Hai que recoñecer que, vontade de traballo tiña, Don Manuel, ainda que non a encarou na direccion que moitos quixeramos.  A capacidade esa de traballo é a que a mín me falta para adiantar coa novela cun ritmo decente. Así que avanza, pero moi amodiño para o meu gusto ou o das miñas aspiracions de ser publicado.

A historia de Nuno fíxome mergullar nunha Coruña que non coñecín, a de finais dos noventa. E servíume para adentrarme un pouco máis na forma de ser dos meus veciños, xa concidadáns. Cando vou a Polonia, a ver a familia ou os amigos, aínda hai algún que me pregunta por que quedei en Galicia despois de separarme da querida galega que me trouxo ata aquí e de perder o traballo.

Poño Miño como unha bonita vila, tranquila, preto do mar, detalle imprescindible para min.  A vinte minutos da capital.  Poño o ritmo de vida, moito máis pausado que alá.  Poño a climatoloxia, máis variabel, si, pero menos extrema, sobre todo no verán.  E a min gústame a choiva, que queres…  Poño a xente que coñecín e o trato que me deron.  Poño a forma de ser do galego moderno, capaz de rirse de si mesmo sen pudor ningún.  Poño os anuncios de Gadis no youtube para que flipen. Reivindico a retranca como unha forma de facer humor intelixente que, lamentablemente, moitas veces non se entende fóra, problema deles.  Pero non quedan moi convencidos da miña argumentativa.

Eso si, os que veñen a pasar uns días á casa non me fan esa pregunta.  E cando marchan levan un sorriso, metade gratitude polo que viron e probaron, metade envexa.  Danse conta que aquí se vive de puta madre. Aínda que non teñas moitos cartos.  Non fan falta.

Para saber máis de Albert Tortajada pica aquí

4 comentarios a Amodiño vívese mellor

  1. ¡Minho is beautiful!

  2. Entendí que te gusta mucho vivir ahí, que no eres escritor pero lo intentas, que estás escribiendo un libro y que vivir cerca del mar es de puta madre je.

    ¿Entendí bien?

    Beso Albert

  3. Entendiste perfecto, Querida… 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 1 =