medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Turrón duro

Un artigo de Antonio Mira

(Desculpen a interrupción na temática. Voltaremos cos bechos en próximas entregas)

Con isto das festas, un bota man a canto papel impreso hai na cociña con tal de non falar con eses parentes insoportables que só aparecen, felizmente, no Nadal. Así que despois de pasar polas ofertas do Lidl, as novidades da Gameshop e o catálogo de pixamas de Alcampo, caio no derradeiro  La Voz de Galicia do ano pasado… o prólogo á paparota estaba sendo eterno.

No diario coruñés, na contraportada do suplemento de culturas, o catedrático Anxo Tarrío aparece designado como “escritor do mes” e, en entrevista, fala sobre o estado das letras no país. O míster decembro dos asociados á AELG opina que a cousa está moi mal e apresenta un panorama desalentador: Que se os alumnos de hoxe en día non teñen máis aspiracións que as de conseguir un papel certificatorio; que se cando vello si molaba, con todo o mundo lendo libros aínda que fosen de Marcial Lafuente Estefanía; que se o pobo agora anda aparvado; que se dás unha patada nunha toxeira aparecen unha ducia de escritores que se pensan tal só por escribir sen faltas de ortografía… e claro, esta cultura voluntarista de “todo-o-mundo-escribe” leva consigo urbanización descontrolada e daquela o Parnaso devalúase (xa dixera o tunante do Nietzsche que os pobres de vida empobrecen a cultura). En resumidas cuentas: Galicia es una mierda. Na cociña da casa, agardando que coceran as cigalas podía imaxinar a aqueles que tiñan pensado iniciar proxectos literarios en 2012 indo ao ebay vender os bolígrafos…

Antonio Mira

No seguinte número do suplemento (sábado 7 de xaneiro), Carlos G. Reigosa volta tratar o tema, desta vez cun discurso menos hardcore que resalta a necesidade de autocrítica por parte do noso sistema literario, situando o albo do problema non unicamente nos “escribidores” mais no propio aparello editorial e crítico: “A cultura non é un eido a salvo de continxencias e trapalladas, por iso require tanto unha crítica sa e ben fundamentada”. Por continxencias e trapalladas entendo que fala de amiguismos e partidismos. Por sa e ben fundamentada entendo que fala de científica e honesta.

Cómpre facer produtos serios e con calidade. Xa non basta con facer un xornal en galego, e que venda por militancia lingüística. Cómpre facer un bo xornal en galego, exemplo que vén ao caso, que se apresente con valores xornalísticos e non meramente de militancia lingüística. E o mesmo acontece coa literatura. E coa crítica e a investigación.

Este verán  fun espreitar un congreso sobre Cunqueiro que realizou unha das sesións na Coruña. Sorprendeume que todo o mundo bufara do noso sistema crítico e universitario (non porque o considere bo, senón porque o consideraba intocable). Tanto tiña que a conferencia fose sobre narrativa, poesía ou denuncia política. Quen por alí pasaba deixaba un recado para os próceres: Que se carencia de discurso científico minimamente serio, que se repetición acéfala de ideas fixas (Cantas historias da literatura galega temos? Cantas con utilidade?), que se falta de método, que se taifas departamentais… Con certeza Cunqueiro terá gozado do espectáculo desde aló arriba, tamén eu.

A quen leva adiante un traballo científico nos nosos departamentos de linguas e literaturas, a quen enfronta a tarefa de escribir, de traballar, con seriedade e no noso idioma: adiante. Que as voces desalentadoras de quen se pensa elite non vos tiren os azos.

POR CERTO:

Cómpre que as autoridades culturais pertinentes recoñezan de inmediato a figura do cantante brasileiro Michel Teló (si, ese mesmo). Grazas a el, hai quen afirma que en certos locais do Orzán a clientela coruñenta desata a cantar en galego. Para alén deste milagre, a estrela do momento está recuperando para os nosos días a enxebre temática pondaliana. Sen dúbida estamos perante un bo e xeneroso merecente, no mínimo, de mención no DOG.

Se queres saber máis do autor pica aquí

12 comentarios a Turrón duro

  1. Hahahahaha. Muito bom!

  2. Sr. Mira, polo seu ben debería ler menos La Voz de Galicia. Queda avisado.
    Do resto tamos dacordo, e gustamos do seu turrón duro.

  3. Home, dicir que “Ai si eu te pego” é galego, é fantasía de reintegracionistas máis ca nada. Sobre todo por ese verbo, “pegar”, de significados moi distintos en galego e en portugués…
    O que eu non sei é como alguén como vostede semella ser é quen de aturar congresos, sobre calquera. Esas cousas sempre foron superiores ás miñas forzas. Nunca fun eu nada sufridor nese sentido.

    • Home, Vidal, fas da parte un todo, só colles “ai se eu te pego”. Pero has de recoñecer que o resto da canción, a non ser “balada” e “galera” (cos significados usados na canción) si que coinciden, ¿ou non? Daquela, ¿onde está a fantasía reintegracionista? E xa postos, “pegar” ten en galego máis acepción que unha, e resulta que algunha delas si que coinciden co portugués.

      Saúde

  4. Galego e portugués teñen certas semellanzas, pero un é galego e o outro portugués. Como o habían cantar os “coruñentos” do Orzán se fora galego?
    Sei que hai quen pretende vencellar o idioma galego co portugués de Portugal e, sobre todo, co do Brasil, pero eu non lles acho tanta semellanza. Nós podemos entender, na esencia, un texto en portugués, pero eles non adoitan entender tanto en galego. Si, sei que son un augafestas da alianza galego-luso-brasileira, pero sonlle cerebral e digo as cousas como as penso.

    • Vai aí a letra da canción para vermos de qué falamos:

      Letra Ai Se Eu Te Pego de Michel Telo original

      Nossa, nossa
      Assim você me mata
      Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

      Delícia, delícia
      Assim você me mata
      Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

      Sábado na balada
      A galera começou a dançar
      E passou a menina mais linda
      Tomei coragem e comecei a falar

      Nossa, nossa
      Assim você me mata
      Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

      Delícia, delícia
      Assim você me mata
      Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

      Sábado na balada
      A galera começou a dançar
      E passou a menina mais linda
      Tomei coragem e comecei a falar

      Nossa, nossa
      Assim você me mata
      Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

      Delícia, delícia
      Assim você me mata
      Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

  5. Á marxe das opinións que teñamos sobre as linguas, dáme que moitos tamos dacordo que a canción é unha timbada de moita ostia.

  6. Pepe Lago: só leo La Voz en casos de extrema necesidade, como nas festas familiares. Alédome que lle prestase o turrón.

    Vidal: Tampouco me chistan moito as cuchipandadas congresais. Mais este de Cunqueiro tivo o seu aquel… o seu aquel de repartir ostias por babor e estribor. Oxalá fosen todos así.

    Sobre o tema da lingua e do portugues e brasileiro. Permítanme que non me meta, que a cousa xa cansa (non o digo por vostedes, non me leven a mal). O parágrafo final (que semella foi o que atraeu a atención) debía ser só unha pequena brincadeira…

    Aos tres, moi agradecido por leren.

  7. Pepe, xa nos damos conta de que se entende a letra. Pero non é o mesmo idioma, como non son o mesmo o castelán e o italiano aínda que case todos entendamos que quere dicir “amore” ou “spettacolo” sen ir ó Google Translator. Entendo por que os promotores da alianza fan o que fan, buscan apoios e, que cona, vender libros alá. Pero eu coido que é algo abocado ó fracaso.
    Xa entendín, Antonio, que era broma. Eu de broma non estaba cando dixen o que dixen, porque é o que opino, pero tampouco agresivo, nada diso. É só que non me gusta escribir “he he” canda os comentarios, e ademais a foto que aportei para a web é bastante seria, a verdade sexa dita.

  8. Home, Vidal, que digas que o parecido entre o galego e o portugués é o mesmo que o que hai entre o italiano e o castelán deixoume un algo pampo. E aínda o sigo. Pero se ti o ves así non vou ser eu quen leve a contraria.

    Saúde.

  9. Galego e portugués teñen unha semellanza extra, porque comparten orixe no latín e tronco galaico-portugués, pero é un feito irreversible que evolucionaron por camiños separados. Enténdense (sobre todo o portugués en Galicia; ó revés xa é máis complicado), pero diso non pasa.
    Como lle digo isto, tamén lle digo que a que foi conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, no sitio de ir co catálogo editorial a Cuba, mellor tería feito en ir con el ó Brasil, onde, obviamente, as probabilidades de éxito sempre habían ser maiores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 6