medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Premio Narrativas Quentes: Literatura que fai cóxegas na entreperna

Ha xa unha década, Edicións Positivas decidiu quentar as letras galegas. Dende 2002, a editorial que rexe Paco Macías convoca o Premio Narrativas Quentes, un galardón que se converteu no referente da literatura erótica do país.

O premio chega en 2012 á súa sexta edición (ten carácter bianual). Poderán presentarse novelas ou conxuntos de relatos cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo de de 250 páxinas como máximo. A temática debe virar arredor do erotismo.

Os traballos deberán presentarse por duplicado, baixo plica, neste enderezo: Edicións Positivas (VI Premio Narrativas Quentes). Rúa Carretas, 18, baixo. 15705 Santiago de Compostela. O prazo para presentar orixinais está aberto até o 30 de marzo. O fallo do xurado darase a coñecer o 10 de abril. O premio consiste na publicación da obra seleccionada.

Manuel Lourenzo González (2002), Alberte Momán (2004), Chelo Suárez (2008) e Eva Moreda (2010) contan entre os seus méritos con este premio. En 2006 o xurado do certame decidiu deixalo deserto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 7