medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Luces de bohemia adolescente

Un artigo de José Luís Sucasas

Supoño que aguilloado polo reconforto acadado na miña primeira incursión no Reino da Literatura con OJOS DE PERRO AZUL, un tempo despois merquei LUCES DE BOHEMIA de Valle-Inclán, nunha edicción de Clásicos Castellanos de 1973, con limiar do profesor Alonso Zamora Vicente. A capa do libro era sobria, mesetaria: as letras do título e do autor estampadas sobre un fondo gris-prata uniforme. Lembro as follas do interior coma de nácar brillante e aínda hoxe, tantos anos despois, se pecho os ollos cheiro o arrecendo a prelo recente. Sen embargo, non consigo lembrar que cousa me chamou do libro, que foi o que turrou de min para mercalo.

J.L. Sucasas

Merqueino na libraría Souto, no fondo da dictatorial Praza de España -hoxe transformada en democrática Praza Maior-, na mesma desembocadura dos soportais que baixan dende a Rúa da Raíña, a carón da barbería Castañal. Aínda hoxe, tantos anos despois, seguen alí libraría e barbería, no mesmo sitio. Lembro a moza coa que tratei a compra: un reboliño con gafas e pelo curto, vestida cun mandilón azul, poida que dez anos mais vella ca min, se cadra filla dos donos do comercio. E teño fortes razóns para non esquecerme dela. Non sei cantas pesetas custaba o libro do perillán de Vilanova, pero eu non as tiña todas xuntas e a moza do mandilón azul fioume: deille o que tiña nos petos e o resto pagueillo cando puiden outro día despois, non sei cantos. Aínda hoxe, tantos anos despois, segue alí a moza; agora xa toda unha señora da súa casa, sen mandilón, sentada detrás da pantalla dun ordenador e saudando amable a quen entra pola porta.

Sen embargo, non consigo lembrar que demo me levou a LUCES DE BOHEMIA. A diferencia do libro de Gabo, con aquela figura desacougante na capa e mailo título imposible, no de Ramón María non había mais ca letras espidas de calquera ringo-rango. Que foi, logo? Non sei. Se cadra foi que lemos algo da obra na clase de Literatura do lambido Alejandro Pin, ou poidera ser que o profesor nos entregara unha lista de obras para ler e eu escollera esta…Non o sei, non dou con ningunha resposta nin que esgurriche o fondo da memoria.

A diferencia do Demo, que pasaría por alto estas e outras miudanzas, Deus é rancoroso e leva mal os achaques da nosa memoria. En penitencia, mandoume casar para as terras que pisou o señor do Cuadrante e os mares que o viron nacer, por ver se así recuperaba eu o acordo, que o sentido xa o deu por imposible. E aí me tedes a min, percorrendo á forza as infindas rotas valleiclanescas que o alcalde de Vilanova debuxou por todo o seu vasto territorio feudal, e mirando mil veces a fasquía de castrón pintada nos cartaces que as anuncian, nas estradas e nos cruces de camiños. Ai Deus de Abraham e Josué, tanto castigo por tan pequeno olvido! Que mal levas as imperfeccións das túas criaturas! Será que son as túas propias imperfeccións.

Para saber máis de Sucasas, pica aquí

 

 

Comentario a Luces de bohemia adolescente

  1. Gostei do artigo, agora hei buscar a moza reboliña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 15