medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

LIX e LA

Vidal

Vidal


Un artigo de Vidal.

Ás veces, chámase a atención sobre o escaso recoñecemento e presenza mediática que recibe a literatura chamada infantil e xuvenil galega (LIX). Afírmase que financia coas súas vendas a edición de literatura chamada para adultos (LA), ou sexa, poesía, teatro e, neste caso, narrativa non escrita por xente coma Domingo Villar.

Afírmase o anterior sobre todo cando algúns poetas e entusiastas da literatura decimonónica alegan que recomendar LIX e non LA ou “clásicos” nas escolas equivale, en alimentación física, a darlles ós nenos un paquete de bollicaos no sitio dun solombo con grelos.

Apóñense argumentos coma o de que a LIX está “mellor escrita” cá LA, así, a machete: toda mellor ca toda. Polo demais, contraponse economía a literatura, algo ó que, ó non traballar nunha editora, non acho moito sentido.
A LIX non aparece nos xornais nin a carón da predición meteorolóxica. É inxusto. Será, conxecturo, porque os máis dos medios de comunicación están pensados para un público adulto. (Poucos cativos haberá amigos de ler opinións de escritores.) Tampouco dubido da súa calidade, en xeral. O infantil paréceme o público menos impresionable e indulxente. Escribir para nenos e convencelos é tarefa nada doada.

Agora, atópolle á LIX unha tara fundamental. Dicía Paul Naschy que sempre preferira os papeis de vilán ós de heroe, ó outorgaren os primeiros unhas licencias inimaxinables nos segundos. Certo, e tal vez máis actores pensen igual. O heroe vive pechado dentro duns límites morais, que o vilán pode traspasar e traspasa. De non facelo, non habería historia.

O papel da LIX, por forza, é o de heroe. O seu público está por formarse en conduta. Ofréceselle algo educativo, fedello si, mais non perverso nin realmente subversivo, axeitado para mentes de lóxica tan tallante (no caso infantil sobre todo) coma incapaces de comprender conceptos escuros e certas mecánicas do mundo adulto. Na LIX poden ser protagonistas unha nena que quere ser camioneira e un neno que se divirte pasando retallos por unha Singer. En troques, xa saen do rego un subsahariano que asasina feministas ou un transexual de clase obreira que planea un atentado con bomba nunha noite de fin de ano. É un falar: a esaxeración axuda a comprender. O negro e o transexual pódennos agradar máis ou menos, pero non se cinguen ás normas que marcan o comportamento dos outros dous. Neste sentido, son libres.

Xa vos teredes decatado de que o negro e o transexual, que neste exemplo son viláns, só son posibles na LA.

Afírmase que a LIX supera amplamente en vendas á LA. Sen coñecer cifras, non o cuestiono. Moita da narrativa publicada aquí nos últimos anos baixo a etiqueta de LA semella confirmalo. Tal vez sexa ese o plan. Se ata agora seica se financiaba a LA coa LIX, en adiante financiarase a LIX coa LIX. Digo eu que diso se tratará.

Se queres saber máis do autor, así nos fala Vidal de si mesmo.

3 comentarios a LIX e LA

  1. Señor Vidal, o primeiro párrafo non parece valer para un caso como de Edicións Positivas. E tampouco para outras editoras. Hai que ter coidado con darlle bombo aos tópicos, pois son profundamente inxustos sempre.
    Co resto do que vostede di podemos coincidir.

    SAÚDE.

  2. Sempre me pareceu como pouco meritorio, agora que o di, Pepe, que poidan saír adiante editoras coma Positivas, con catálogos que semellan dirixido a un público adulto e moi particular, cando, se vostede pregunta en calquera libraría, lle dirán que o negocio resiste a forza de vender libros para nenos (de texto ou non) e, puntualmente, best-sellers.
    De tódolos xeitos, nese párrafo primeiro limítome a deixar por escrito algo que se ten dito. Non é reflexión miña. Cando sí opino que non o poño en dúbida, penso sobre todo nas editoras grandes, que publican literatura para adultos moi “light”.

    • Totalmente dacordo, Vidal.
      Case o máis difícil para un editor debería ser dicir que non a máis dun libro dos que se publican.
      E outro reto editorial é adaptar a súa empresa á calidade editorial, e non ao revés, como está a suceder agora. Algunha editorial ten que publicar 100 libros ao ano para manter a súa engranaxe, polo que chegan a publicar calquera cousa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 10