medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Légitime Défense

Un artigo de Xavier Campos

Albert Memmi e Antón Figueroa pasean pola Terra Chá. Un mozo entra nun bar, saca o gabán e pide un café con leite. Con leche? Si, con leite. No bar, o escudo do Real Madrid, os pósters vellos do marisco de Galicia Calidade e unha simulación de cartaz dunha tourada, co nome do dono como matador principal. O mozo le Bárbara Harlow mentres olla as bandeiras que ficaron colocadas da vitoria da Roja no Mundial de futebol. Cruza por tras da escena un coche cun autocolante de Nunca Máis. O mozo sae do bar, enche os pulmóns e colle un tixolo dun baixo de obra. Tírao contra a sucursal de Nova Galicia Banco. Cospe o catarro e o frío das fábricas de xeo, avalía os danos, comeza a camiñar.

Xavier Campos

Nos Violentos anos dez discutimos nós a nosa negritude. A ferida supura e óllase desde perspectivas diferentes. Ten moito máis a ver con Emilio José do que alguén puidera pensar. Os que non ven a fondura, o descrimento, o cinismo que roe, a contradición, a dor, a violencia do cotiá –onde o futuro?- no rural galego, que ven exactamente na música do ourensán? Nos Violentos anos dez, no Chorando apréndese, hai dor porque aínda vive a esperanza (Pilar Pallarés). Son cancións de resposta, ás veces, outras espello, tamén disección de nós (quen de –no caso da banda compostelá- se mirar desde fóra para poñerse nos ollos dos demais). Liberación, cárcere e escravismo. Está a escena de Trainspotting sobre o ser escocés e o activismo político de Aimé Cesaire. Consello da Mocidade. A violencia, a dominación e as estratexias para (sobre)vivir con ela.

“O discurso de Emilio José non me parece inocuo. Pode ser unha lectura máis inocua a que se faga en Madrid ou en Barcelona, pero en Galicia todo o contrario. É moi curioso como foron cambiando as retóricas canto a isto. Lin hai pouco un artigo sobre como se vía o tema dos nacionalismos periféricos a partir da transición, e ata o ano 76 ou así o PSOE defendía cousas como a autodeterminación dos pobos”, di o Samuel Solleiro no Pro-texta. Concordo plenamente. Aquí non hai pop consensual –en expresión roubada aos Das Kapital- senón corpo que sangra, soul, amor e desamor, posibilidades de salvación. Pregúntenlle aos turistas, cando emigren, onde estaba Acapulco.

Na mala:

Ataque Escampe, Violentos anos dez , A Regueifa Plataforma (2011)

Emilio José, Chorando apréndese, Foehn (2009)

Albert Memmi, Retrato del colonizado, Ediciones de la Flor (2001)

Bárbara Harlow, Literatura de resistencia, Laiovento (1993)

Antón Figueroa, Diglosia e texto, Xerais (1998)

Louis Jean Calvet, Lingüística e colonialismo, Laiovento (1993).

ProTexta, Revista de libros de Tempos Novos, nº 18, (2011).

Luciano Rodríguez, Desde a palabra, doce voces: nova poesía galega, Sotelo Blanco (1986).

Queres saber máis do autor? Pica aquí

Comentario a Légitime Défense

  1. Magnífico artigo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 8 =