medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Isaac e as desaparicións

Un  artigo de Diego E. Barros

Escribo esto tarde e fóra de prazo por causas que pouco teñen que ver coas que a conselleira Mato relaciona a emigración dos mozos galegos. No meu segundo artigo en Letra en Obras ía falar de libros e de piratería mais coido que a urxencia no xornalismo, aínda que sexa deste tipo, manda. A morte de Isaac Díaz Pardo (1920-2012), un dos últimos Intelectuais, con maiúsculas, que lle quedan a esta Galiza cada día máis triste e aterida e non só pola tan traída e levada crise económica. Non serei eu quen vaia enumerar aquí as virtudes, obras e feitos de don Isaac. Hoxe e mañá poderán vostedes ler numerosos artigos en todos os diarios do país. Mesmo nos vindeiros días asistiremos ao regueiro de panexíricos, loubanzas e homenaxes que todos, próprios e estraños lle adicarán á súa figura. É o que teñen as mortes, que unen, aínda que os unidos sexan tan contraditorios coma o sal e o aceite. 

Diego E. Barros

Coñecín a Isaac Díaz Pardo hai anos, cando eu era un simple bolseiro e aínda cría no xornalismo como derradeiro lugar para a esperanza. Foi na sede do Instituto Galego de Información, ese inmenso edificio da costa de San Marcos que durante moito tempo albergou os soños do seu creador e mesmo tiña que dar cabida a un xornal que nunca foi, de nome Galicia, como o país que se nos está a ir das mans a marchas forzadas. Acudín a unha rolda de prensa da que pouco recordo. Pero gardei sempre na memoria a don Isaac e as poucas verbas que tiven ocasión de intercambiar con el no salón de actos. Había poucos xornalistas alí e os que estaban eran, coma min, case todos bolseiros. Era verán e a materia tiña que ver coa cultura, dous factores que son aproveitados polos xornais, antes e agora, para rodar becarios. A nosa conversa foi curta e para el, supoño, anodina. Preguntoume de onde viña e que facía. Contesteille e só dixo o que todo o mundo sabe que lle gustaba dicir a don Isaac, o futuro é voso, dos mozos. No acto, don Isaac estaba acompañado por dúas persoas, tamnén do IGI. Teño gardado a lume o fío da súa voz enchendo aquel salón semibaleiro, unha voz feble e reconfortante como era a propia figura de don Isaac.

Apunta Fran P., atinado coma sempre, a perversa coincidencia do pasamento de don Isaac coa desaparición da Consellería de Cultura na nova Ex Xunta de Ex Galicia de Núñez Feijóo, un presidente que pasará á historia porque na súa teima nos gobernos minguantes vai conseguir, dunha vez para todas, a Galiza inexistente. Primeiro foi a lingua, único caso da historia da lingüística onde, dicían, o peixe pequeno ameaza ao grande e que fixo necesaria a intervención de sesudos políticos en prol da liberdade e mesmo dun defensor do pobo que decidíu, motu propio, borrar do Estatuto de Autonomía de Galicia o artigo 5.1, ese que di, literalmente: «A lingua propia de Galicia é o Galego». Isto é cousa, supoño, deso que chaman a Galicia Máxica e que tanto gusta nas campañas da Ex Xunta porque así o quererán os turistas. Agora foi a cultura enteira, facendo desaparecer toda unha consellería. O normal cando o seu o último inquilino dixera da súa materia que estaba ensemismada.  

Hoxe e mañá todo serán loubanzas a don Isaac e para a cultura dun país en vías de desaparición, sobre todo por parte de quen o está a desaparecer coa súa acción de goberno. E silencio. Silencio ante a desfeita da que foi vítima don Isaac nos últimos anos da súa vida, apartado das empresas faro que el mesmo creou cando neste país que el dicía «escarallado» todo dios batía coa mesma rocha incapaz de ver porto. A descomposición fai que Sargadelos sexa un estupendo regalo de voda. Eu mesmo teño o meu Sargadelos. Un anaco de cerámica pintado a man en tonos azuis e laranxas. Unha figura rara, ben bonita pero hoxe baleira de significado, de cultura. Porque a fin de contas eso é o que persegue o proceso de acoso e derrubo levado ao cabo polas institucións que din representar a Galiza e que, cun pouco de sorte, acabarán por alcanzar a súa meta: converter o país de don Isaac e moitos outros, en simple postal de turistas. Coa complicidade de todos, ollo, non só da Xunta senón doutros organismos que, por omisión, pecan de complicidade.

Morreu Isaac Díaz Pardo en silencio e coa discreción da que sempre fixo gala aínda que fose o centro das varias homenaxes que recibíu en vida. Eu só pasaba por aquí, parecía dicir. Morreu e con el marcha parte da memoria do país, pero déixanos a súa própria letra en obras.

2 comentarios a Isaac e as desaparicións

  1. Efectivamente, hoxe hai moito texto laudatorio na prensa. Incluso en El Progreso de Lugo, que case non ten sección de Cultura (de verdade), lle adican varias planas. Como era de agardar, son retrospectivas, e omítese falar dos seus últimos anos de vida, do que lle pasou en Sargadelos. Tal vez, o seu meirande delito foi non pegar ningún zapatazo en ninguna mesa.

  2. Pingback: Isaac e as desaparicións | Contraportada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 11