medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Gottfried Benn. Un promotor do expresionismo

     Un artigo de Xurxo Martínez

Un feixe de defuntos ciscados na morgue, sen xeito, sen distribución, sen simetría. Un home de cor penetra coas súas dedas as orellas dunha muller loura. Rostros desfeitos e putrefactos observados polo doutor Gottfried Benn. Obsérvaos para describilos, para retratalos. Non os toca porque nese lenzo truculento hai espazo para a poesía.

G. Benn é un poeta expresionista na súa primeira fase. As obras iniciais (1913-1917) causaron pavor no gusto burgués. Que hai de poético no sangue, nos órganos vitais extirpados e analizados en bandexas de metal? Odiaron a Benn deica conseguir a censura da súa obra pero xa fora un éxito e a lectura expandíase por Alemaña.

Xurxo Martínez

Outra parte da obra de Benn, sobre todo a derradeira produción (1948-1955), temos que lela á luz dos decadentistas, dos pensadores que prognosticaban a “decadencia” (Splenger) ou as “tebras” (Vicente Risco) de Occidente. Temos que coñecer o pesimismo de Schopenhauer concibindo a vida como unha cárcere continuada ou o concepto do apolíneo de Nietzsche.

Para dar unha pista ao lector que se achegue á lírica de Benn escolmamos esta cita de Nietzsche: “só o fenómeno estético xustifica a existencia do mundo”. O poeta alemán trata de fuxir do nihilismo precisamente por medio da creación artística.

No treito entre a primeira e a derradeira fase da súa creación están os anos acedos de Benn: admirou o nazismo. Defeito publicou O novo Estado e os intelectuais, (1933), en apoio a Hitler. Pero recuaría. Afastouse do nazismo aínda que non tivo necesidade de exiliarse daquela Alemaña feixista. Por iso, tras a guerra, houbo (e hai) que o criticaban por esa simpatía. O nóbel Günter Grass opúxose á recuperación da obra de Benn por tal motivo aínda que el, de rapaz, tamén apertase a causa do nacionalsocialismo.

Hai algo de G. Benn que atopo en Luís Pimentel. Alén de coincidir no campo da medicina, existe ese tratamento expresionista dos mortos (en Pimentel tamén na súa primeira fase mais cunha presenza menor) e ese pracer da soidade absoluta onde poder cavilar sobre a vida que, inevitabelmente, está condenada á morte (é unha extensa coita).

Lois Pereiro, fregués da soidade como un tesouro absoluto, recolle a Benn para un dos seus poemas: “Dous minutos dun baile de derviches”[1]. Din que a poesía de Pereiro dialoga con autores alemáns como Rilke ou Hölderlin. Mais tamén, para nós, con Gottfried Benn.



[1] A cita é: “Dir auch: tauschen die Nächte / dich in ein dunkleres Du…” en De amor e desarmor II.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 7 =