medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Bieito Iglesias, we love you

Un artigo de Mauricio Delito

Lin estes días atrás o último libro de Bieito Iglesias Contos da terra da tarde e decidín facer unha recensión  coa fondura, rigor e sensibilidade  que caracteriza  a certa crítica deste país e deste estado. Con sorte podo acabar no suplemento Culturas da Voz, por exemplo. Penso que estou capacitado. Apenas me saíran os dentes e xa rillaba eu en Deleuze. Mentres os meus compañeiros do colexio cambiaban impresións sobre os capítulos de Songoku, eu subliñaba pasaxes do Antiedipo. Despois estudei Filoloxía e Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Abonda xa.

Mauricio Delito

O libro de Bieito Iglesias gustoume moito. Ten 311 páxinas  e está composto por 17 relatos, o que dá unha media de 18, 29 páxinas por conto, que non está nada mal. Os contos tratan de xentes do rural, emigrantes ou persoas con minusvalías físicas. Gustoume sobre todo o primeiro relato: Comentario ao apocalipse, análise existencial do home galego enfermo. É moi triste pero ao mesmo tempo, non sei, como que dá bo rollo. É a hostia de bonito ese conto.  Encantoume do libro que falase de cando en vez de baloncesto. Quen me dera ver de madrugada canda el os partidos da nba e fumar e tomar uns cubatas  e que nos tempos mortos me contase cousas en plan os  artigos que fai en Tempos Novos. Flipei coa derradeira frase do libro: “e que máis doe é a esperanza”. Deixoume unha sensación de impacto. Outros contos parecéronme máis aburridos.  Púñame a pensar noutras cousas mentres lía. Se cadra é culpa miña. Algo así me ten pasado tamén con Otero Pedrayo, que escribía moi ben pero que cando se puña pesado, carallo se se puña pesado. Pedrayo non sei, pero Bieito Iglesias dáme que é bo tipo.  Este é segundo libro que compro del , o primeiro fora Pan e Coitelo. Os libros que compro de Bieito Iglesias leos até o final e non me arrepinto.  Se os collo na biblioteca non duro nin 50 páxinas. Supoño que é a nugalla na que vivo instalado.  Puta indolencia. Análise do  estilo: dicir que a lingua que utiliza é moi rica e variada abundando os substantivos, os adxectivos calificativos e palabras das que eu descoñecía o seu significado como toponexar, troilo, gueipo, esgaravana, etc. Pero non me importou, sácanse polo contexto e quedan ben . Ademais usa outras expresións que lle teño ouvido á miña avoa e que pensaba que ninguén máis usaba e mira ti, aí estaban.   En resumo,  a miña opinión persoal é que o libro está bastante ben e que trata o tema da melancolía e dos desfavorecidos cunha linguaxe inconfundíbel, moi propia do seu autor.

Non somos nada.

Para saber máis de Mauricio Delito

 

Comentario a Bieito Iglesias, we love you

  1. Bieito Iglesias é o narrador galego con máis gracia de cantos levo lido. Se non o coñece, léalle Miss Ourense. Eu o primeiro que lera del fora, xustamente, un dos relatos dese libro, “Luanda”, que fora premiado no Modesto R. Figueiredo nos oitenta. Desde a primeira liña, o que escribe é inconfundible. “Persoal”, como lle gusta moito dicir á xente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 8