medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Que mellor opción que un bo libro, a mantiña e o sofá, para pasar o inverno?”

Analía G. Alonso naceu en Vigo no 1982. Ten formación como Técnica Superior en Imaxe e en produción e xestión de audiovisuais a través do Máster da Universidade da Coruña (MPXA). Ademais está licenciada en Xornalismo pola USC, e conta con experiencia en diferentes ámbitos do audiovisual: como directora de fotografía en curtametraxes, eléctrica en series para televisión, axudante do rexidor en programas da TVG, ou meritoria de guión para series de fición de Voz Audiovisual (Padre Casares e Matalobos). Actualmente traballa como redactora no programa da TVG Galegos no Mundo e como profesora na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).

 

 

Analía G. Alonso

Analía G. Alonso

Que libro andas a ler ou cal foi o último que leches?

Agora mesmo estou lendo “Alber Ponte, corto en las venas”. É un libro acerca da traxectoria e das peculiaridades do cinema de Alber Ponte, director e amigo. A verdade é que fun o outro día á presentación do libro e por suposto non puiden evitar mercalo. É unha iniciativa dunha Universidade alemana, de achegamento ás culturas hispánicas, e este é o primeiro dunha serie de libros que pretenden sacar. A verdade é que era necesario prestarlle atención a este tipo de autores, e ao xénero da curtametraxe.

E falando de literatura, cal é o xénero que máis frecuentas?

Os libros que máis pasan polas miñas mans quizais sexan técnicos, sobre todo de guión e audiovisual en xeral, pero isto é deformación profesional. Pero se cadra podo dicir que o que máis me gusta ler son biografías. Debe ser que o meu lado máis curioso e cotilla vese satisfeito con este tipo de lecturas. Adoro ler acerca da vida das personalidades recoñecidas, sobre todo relacionadas coa arte. Podes transportarte a outras épocas, coñecer os seus mundos internos, e sobre todo entender deste modo máis a fondo o seu traballo.

Que vas a buscar a un libro?

Depende do momento. Eu busco na literatura o mesmo que no cine, quero dicir que hai un momento para cada xénero ou para cada tipo de libro. Ás veces busco algo lixeiro que me entreteña, outras unha historia coa que me poida sentir identificada, as veces misterio ou pasar medo, e outras veces necesito que dun modo ou outro me aporte algo diferente e novo, algo do que poida aprender.

Cal é para ti a hora máis recurrente para adicarlle tempo á lectura?

Pois son unha lectora bastante irregular. Non adico un tempo concreto ou diario. Algunhas veces paso días sen ler, por falta de tempo ou vagancia, teño que recoñecelo, pero de pronto estou outro tempo que non hai quen me separe dos libros. E sobre todo cando se trata de tempo de ocio e relax, que mellor opción que un bo libro, a mantiña e o sofá, para pasar o inverno?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 14