medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Versos e reversos: O Anaquim

Un artigo de Isabel G. Couso

“A minha vida é de versos e reversos / Propósitos imersos sobre o manto da rotina /Que recrimina qualquer impulso que lhe fuga ao braço /Por ter medo dos que o seguirão”. (Anaquim)

Sinceridade extrema e orixinalidade musical. Eis as mellores calidades do disco que escollín para recomendar nesta primeira incursión na Opinión de Letra en Obras: As vidas dos Outros, do Anaquim. Alá por marzo deste ano que remata, o José Rebola (cantor e compositor de Coimbra) lanzou este seu primeiro disco co sobrenome de Anaquim, xunto con  João Santiago (batería e percusión), Pedro Ferreira (guitarra acústica, guitarra eléctrica, piano, coros ), Filipe Ferreira (baixo, coros) e Luís Duarte (guitarra acústica, banjo). Foi un descobrimento, un proxecto cheo de frescura e singularidade.

Isabel G. Couso

Máis alá das influenzas musicais (que van dende a tradición dos cantores portugueses como o Zeca ou Sergio Godinho até o rock’n roll, o bluegrass, as rancheiras mexicanas, o cabaret berlinés ou a música balcánica) quero subliñar a profundidade das súas letras. Todo o álbum é unha confesión, un cuestionamento do propio, en primeira persoa, que chega mesmo a doer nun xeito de identificación.

Quen non gostaría de ser unha persoa máis positiva, chea de plans para mañá? como canta en Bocados de Mim. Quen non pensou algunha vez que as vidas dos outros son máis simples que a nosa propia? como escribe na canción que dá título ao disco:  “As vidas dos outros nunca me soam mal / Veêm problemas no que é no fundo normal / Ai se eles soubessem como é viver assim / As vidas dos outros são tão simples para mim”. Mais o quinteto de Coimbra vai un paso máis adiante e nunha confidencia brutal di: “Ando pela vida às vezes sem ser sincero/
Lá me vai pesando quando é hora de deitar / Finjo ser a pessoa que eu quero que os outros gostem/E acabo a não ser nada que valha a pena gostar”.

Alén diso, o trasno Anaquim (alter ego do José Rebola) tira da tradición dos cantores portugueses para facer unha verdadeira crónica urbana, a espello da sociedade portuguesa, mais que tamén podería ser da galega. Así fala en Lusíadas: “Gosto tanto deste país / Só não entendo o que o faz feliz / Se é rir da miséria de outros quando a vemos / Ou chorar da nossa própria quando a temos”.

Cos Deolinda a triunfar no escenario galego, agora só resta que os Anaquim veñan a Galiza e poidamos gozar co directo doutro novel e enérxico grupo portugués (Ana Bacalhau, de feito, colabora nunha das cancións do disco, O meu coração). E mentres non aconteza, os Anaquim xa anunciaron que por volta de comezos de ano presentarán o seu segundo disco. Así que sempre nos queda a internet e as viaxes á outra beira do Miño.

Se queres saber máis de Isabel G. Couso podes ver o que ela mesma nos conta

Comentario a Versos e reversos: O Anaquim

  1. Viaxamos tanto á meseta e esquencemos o sur máis próximo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 8