medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Talese e a farlopa das Rías Baixas

Un artigo de Ramón Vilar

Houbo un tempo, supoño que aínda o hai, en que o gran xornalismo tiña máis que ver coa boa literatura que cun bazar de todo a euro. Saco o tema porque hai pouco un amigo xornalista (en fase de descanso mental) me regalou Honrarás a tu padre de Gay Talese (Alfaguara). O libro narra o mundo dos Bonanno, unha das todopoderosas familias da mafia italoamericana. O autor móvese como un neurocirurxán por eses difusos mundos onde o poder político se asemella á mafia e viceversa.

Ramón Vilar

E mentres leo con voracidade as peripecias da “famiglia” venme á mente un outro libro que atopei sen buscalo nunha libraría de segunda man de Compostela: La conexión gallega. Del tabaco a la cocaína (Ediciones B, 1991) do gran, e non sei se suficientemente recoñecido, xornalista galego Perfecto Conde.

Se non coñecen esta obra proben a buscala nalgunha biblioteca (creo que, por desgraza, non chegou a reeditarse). É a historia galega dos anos 70 e 80 viaxando nunha planeadora. É a crónica dunha época na que non poucos deputados e alcaldes fumaban winston de batea e compartían mesa con fulanos que viñan de descargar nove toneladas de farlopa nas Rías Baixas. Conde apunta e dispara, con nomes e apelidos, aos grandes capos, pero tamén a coñecidos políticos e empresarios que se lucran axudando a branquear as inxentes cantidades de beneficios que reporta a droga,

Querería algún medio galego hoxe en día un Perfecto Conde? Dúbidoo. Non son tempos para ese xornalismo que precisa ter percebes no escroto (ou na vulva, claro). Son tempos doutro tipo de crónicas. Explícaas moi ben un personaxe (tamén xornalista) do magnífico Blanco Nocturno de Ricardo Piglia: “O meu traballo como cronista social consiste en poñer a marca alta e manter separados os que están dun lado e do outro. Os meus lectores non poden entrar e por iso len o diario. Como se pasa dun lado ao outro, ou, mellor, como se salta dun lado ao outro, é o que todos queren aprender”.

O que nos conta R. Vilar de si mesmo

3 comentarios a Talese e a farlopa das Rías Baixas

  1. Talese era un pouco gonzo, tamén. (Xornalismo gonzo é aquel no que o xornalista crea a noticia.) Xornalismo de crónica aínda hai (tipo “Callejeros” e tal), pero é certo que seguramente xa non coma antes.
    Por outra banda, eses tempos de Winston de batea e mesas ben servidas está por recuperar. Mais teño a impresión de que a literatura galega actual é demasiado amaneirada e tende a negar a súa existencia, como refuga sistemáticamente as manifestacións violentas, coma se nada tiveran que ver con este recanto.

  2. Concordo, señor Vidal

  3. Moitas grazas, señor Vilar, polos eloxios que “perpetra” contra min e contra o meu libro da conexión galega. Vostede seguramente sabe que, por moi humilde que sexa ou queira parecer un, as boas palabras sempre nos enchen os oídos de cánticos espirituais ou polo menos espirituosos.
    Pero iso é o de menos. O importante é esa lectura que está facendo vostede de “Honrarás a tu padre” de Gay Talese. Que magnífico libro, verdade! Coido que nin Tom Wolfe nin ninguén máis fixeron tanto e tan bo polo xornalismo de raza e pola literatura con substancia.
    Fágame o favor, non pare nese libro. Lea logo “The Bridge”, “El reino y el poder”, “La mujer de tu prójimo”, “Retablos y encuentros”, “Vida de un escritor” e, se sabe inglés, “The Silent Season of a Hero” e verá como ese puñetero Talese é, efectivamente, “un xenial maleante da máquina de escribir”, como dixo del un dos seus críticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 11