Nacín en Rodís, a pouco máis de 400 metros de altura sobre o nivel do mar. Aínda así lembro que nos chamaban, aínda nolo din, da Montaña. O primeiro libro que tiven comproumo meu pai no máis parecido que había na zona a unha libraría. Entre sacos de abono, colonias e tebeos de Mortadelo e Filemón, emerxeu o Robinson Crusoe de Daniel Defoe. Creo que aquel decembro nevara.
Pingback: Literatura de día e de noite | Letra en Obras