medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Prosas de combate e versos de rebelión

O pasado mes de novembro apareceu na rede o manifesto fundacional do Grupo de comunicación artística multidisciplinar “Espiral” que polo de agora só fixo públicos traballos de creación literaria e no blog do Grupo Espiral podemos atopar xa un pequeno monllo de cinco poemas.

Os seus integrántes prefiren non revelar a súa identidade e destacan todas as posibilidades que ofrece a idea escondida detrás do concepto de colectivo: “O importante son as alabras, non nós. Elas son as que nos empregan como veículo para facerse ver”. A continuacón, o manifesto fundacional de Espiral:

PROSAS DE COMBATE E VERSOS DE REBELIÓN
MANIFESTO ESPIRAL

Poñedes o que chamades arte ao servizo do capital. Sodes a voz dos voso amo que vos reparte migallas en xeito de subvencións para tervos contentos. Mirades a outro lado para non ver a realidade e poder cantar loas ás mentiras que vos mandan difundir. Onde fica a liberdade do artista, do creador? Onde fica a ética e os principios? Como podedes crer que sodes veraces cando estades subvencionados polos cartos dos que mandan?
Chegou o momento de pasar a acción. Chegamos coas plumas armas, as cámaras cargadas e os pinceis apuntando. Somos a nova guerrilla do arte, sen mais amos que as musas, sen mais verdades que as que se ven polas nosas terras. Non temos medo, porque sabemos que non hai nada que asuste mías que os homes e mulleres ceibes que non teñen medo a se expresar.
Somos galegos e galegas. Expresámonos no noso idioma, no idioma nos nosos pais e avós, no idioma da nosa xente. A nosa expresión é e será sempre en galego, porque só así pode ser realmente nosa.
Somos colectivo, homes e mulleres co afán común de devolver as expresións artísticas a dignidade que perderon e que se merecen. Non por ser mellor ou peor, se non por ser auténticas, coherentes, nacida da alma e do sentimento e non dos petos, carteiras e contas correntes.
Somos xente anónima e así seguiremos. Por iso non veredes as nosas caras nin saberedes os nosos nomes. Bastará a nosa obra e como moito o noso alcume. Porque nós non somos os importantes, non somos os protagonistas, só a nosa obra é quen de falar, ela é quen ten quen ser oída e difundida.
Non somos vangardistas, non somos modernistas, non somos nada que se poda etiquetar, porque as etiquetaxes son as asasinas do arte. Non temos principio nin fin. Somos cambio evolutivo. Somos Espiral e xa nada nos poderá parar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 3 =