medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O ensino do idioma galego como unha lingua morta

Un artigo de Paco Macías

Paco Macías

Polo menos de cando en vez hai que reflexionar, e ás veces facer balance do que leva sucedido, e o que isto escribe tenta facelo co asunto do ensino do idioma galego.

Diante das profundas transformacións que estamos a vivir, algunha responsabilidade teremos todos. E, se todo se transforma, o idioma galego tamén. Só que este máis que transformarse semella autodestruírse. É evidente o descenso de falantes, e se non hai falantes non hai lingua, porque as linguas son máis fala que escrita, ou quizais sexan só fala.

E aquí é onde queremos reflexionar sobre o ensino do galego en infantil e primaria. Pois resulta que os nenos poden sacar sobresaliente en todos os cursos, tres de infantil e seis de primaria, para resultar que despois de nove anos de ensino do idioma galego non saben falar este idioma. ¿Non supón isto un fracaso total do feito ate o de agora? ¿Por que non hai unha reflexión sobre este asunto? ¿Teñen algunha responsabilidade os libros de texto? ¿Non sería mellor prescindir deste material e que o profesorado se adicase exclusivamente a procurar que o falasen, polo menos nos primeiros anos? Se o galego é unha lingua viva, ¿por que se ensina como unha lingua morta? A gramática debería aprenderse falando, como en todas as linguas vivas. E a escrita só despois de saber falar. Sempre foi así, menos neste estraño modo de ensino do idioma galego.

A solución é tan doada que é inadmisible non adoptala, e gratis.

6 comentarios a O ensino do idioma galego como unha lingua morta

  1. As verdades, como as di neste caso Paco Macías, non necesitan ornamentos, nin literatura. E ten razón, é asombroso a falta de reacción diante dun desastre pedagóxico. Todas as forzas se van en ir contra os políticos de turno. Pero o fracaso ás veces é de método, non só responsabilidade do “inimigo”.

  2. Moi boa reflexión. A maioría das veces,o máis obvio é o máis difícil de ver. De todos os xeitos, o vexo como un problema máis amplo do noso sistema de ensino, onde as cousas vivas tenden a converterse en mortas e onde a marabilla da realidade tende a facerse gris: o galego, coma o coñecemento do medio ou o inglés.

  3. Ben certo, meu amigo. Pregúntome a miúdo de que se está a falar cando se se fala de “competencia lingüística”… De reproducir fielmente unha gramática? Ou da capacidade de ser creativo, xerar novos sentidos, xiros, metáforas e formas a través da lingua (falada ou escriturada) na relación coas demais persoas e co mundo?

    • Eu creo que os que inventaron a expresión “competencia lingüística” son os mesmos que idearon os planos de estudo que negan a última frase túa. Son os que fan libros de texto para nenos pequenos, aqueles que usan as gramáticas é ás veces as normativas da escrita coma ameazas… Teño visto libros de texto para nenos de 9 anos nos que o seseo é tratado como unha tara. A tara, a certas idades, é a escrita.

  4. Totalmente de acordo coa reflexión de Paco e coa necesidade de repensar como se está ensinando galego no sistema educativo e que mudanzas serían precisas no traballo do profesorado. Obviamente a perda de falantes non ten a ver co traballo dos mesmos, por suposto, mais si é necesario, acho, que o enfoque mude para axudar a crear competencia real e consciencia sociolingüística. Ás veces semella que queremos que os chavales e chavalas saian filólogos ou especialistas en dialectoloxía ou léxico, máis que en persoas capaces de falaren a súa lingua propia con corrección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 3 =