medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Mario de Sá Carneiro, o amigo de Pessoa que se matou

Xurxo Martínez

Un artigo de Xurxo Martínez González

Mário de Sá Carneiro non ten relación co aeroporto de Sá Carneiro, agás a coincidencia do apelido. O segundo está dedicado a Francisco de Sá Carneiro, un político portugués que se esnafrou nunha viaxe aérea. Non semella un bautizo moi atinado. Nós imos falar de Mário, non de Francisco.

Para os iniciados na literatura portuguesa é ben saber que Mário era un dos grandes amigos de Fernando, o Pessoa. Formaban parte do que lle chaman a Xeración de Orpheu, en referencia ao título desta revista. Ambos foron destacados renovadores da lírica lusa.

Mais Mário era un tipo moi fráxil e de temperamento inseguro. Perdeu á nai de moi novo. Presenciou en directo o suicidio dun amigo cando era un rapaz. O pai exercía unha protección irreal. Aquilo volveuno máis feble de personalidade, como unha folla ao vento que pendía da sorte do ar para caer no abismo. Todo isto é perceptíbel na súa lírica.

Nin un ano pasou en Coimbra como universitario cando colleu camiño de París, onde se matriculara na Sorbona. Coñeceu as últimas tendencias artísticas. Volveu a Lisboa durante longas tempadas difundindo as vangardismos que se esparexían por Europa. Fundan, entón, a revista Orpheu (1915) que sufragaba o pai de Mário. Mais a liña desta desagradou ao proxenitor que decidiría non pór máis pesos logo dos dous primeiros números.

Pero en París a súa vida foi a bohemia. Afastado dos estudos, paseaba de café en café, dunha sala de espectáculo á cama cunha prostituta. Neste ambiente tan defenestrado compón boa parte da súa obra. Vailla confesando a Pessoa en cartas. Chega a anunciarlle o seu suicidio, acontecido o 26 de abril de 1916, nun hotel de Montmartre.

A poesía de Mário recolle os ecos do modernismo e do simbolismo encaixados no cofre existencialista. A angustia que sente só podía ter a saída coñecida. A febleza da súa persoa facíao desdobrarse, facíao reconsiderarse como persoa cada día, como persoa con algunha utilidade na vida. Foi incapaz, por si mesmo, de enfrontarse ao cotián.

A cantante Adriana Calcanhotto musicou un dos seus poemas, “O outro”, símbolo do desdobramento da persoa. Eis a ligazón para escoitala:

http://www.youtube.com/watch?v=CHwPgxTIK5E

Unha escolma de dez poemas:

http://www.revista.agulha.nom.br/msa.html

Se queres saber máis de Xurxo Martínez, pica aquí

Comentario a Mario de Sá Carneiro, o amigo de Pessoa que se matou

  1. Grande achega, Xurxo! Un personaxe ben interesante. Eu engado ás túas recomendacións A estranha morte do profesor Antena, un contiño que se le en dúas patadas e que foi como eu o coñecín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 8